subscribe to the RSS Feed

Monday, May 20, 2013

Foro de profesores

Posted by mlorenzo on mayo 1, 2010

AXENDA 21EG

Mª Dolores Rodríguez Rodríguez

“Convivir coma cidadáns nunha sociedade complexa e dinámica require a introducción do concepto de sustentabilidade, que depende de variables económicas; pero tamén das variables sociais, soportadas todas elas polos recursos naturais, cada vez máis amenazados” DOGA, 20 de Abril de 2010.
Coa finalidade de introducir o concepto de sustentabilidade no ensino formal, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, en coordinación coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, puxo en marcha o Programa Axenda 21EG, que ten como obxectivo desenvolver o concepto de sustentabilidade no ámbito do ensino formal, a través da participación de tódolos membros da comunidade escolar.
Como sabedes, este curso inscribimos (dende os Departamentos de Bioloxía-Xeoloxía e Física-Química) o noso Instituto neste Programa A21EG para ter unha primeira “toma de contacto”, pois, será o próximo curso, se conceden o novo Proxecto Comenius, cando se poda “sacar máis rendemento”, pois xa haberá un maior número de persoas implicadas, xa que traballarase, precisamente, sobre o desenvolvemento sostible.
Aínda así, e, parece que non fixemos nada, estamos implicadas bastantes persoas. A todas, o meu agradecemento, e, sen citar nomes, seguro que moitas vos sentides implicadas cunha certa complicidade neste proxecto, aínda que, en algún caso, non fórades conscientes:
- Dinamización S.O.S – Recollida selectiva – Colaboración na campaña de Sensibilización (enquisas sobre a pegada ecolóxica, piruletas de comercio xusto, elaboración de bonecos temáticos sobre o medio ambiente, …)
- Elaboración de videos, presentacións, … – Elaboración do xabón natural
- Día 12 de Abril (Interculturalidade), obradoiros, charlas, xantar,…
- Exposición de productos “respetuosos” co medio ambiente.
- Disponibilidade a colaborar e iniciar cambios no Instituto, como iniciar o uso de papel reciclado, usar a ecobola na lavadora, usar productos coa ecolabel, cambiar a recepción da nómina de papel ó noso correo electrónico, informar sobre productos nocivos (a presencia de fosfatos nos deterxentes,…).
- Por último, destacar o traballo de coordinación desta revista ENTREPONTES, onde, os temas tratados sobre enerxías renovables, agricultura ecolóxica,…poñen de manifesto a preocupación e sensibilización sobre o coidado do NOSO PLANETA e que temos que camiñar hacia un desenvolvemento mais sostible.
A todos e todas moitas gracias pola vosa colaboración.