subscribe to the RSS Feed

Thursday, May 23, 2013

Foro de profesores

Posted by mlorenzo on mayo 9, 2010

O TEATRO ESCOLAR

Amalia Pérez Lema

O teatro escolar é unha estratexia pedagóxica, lúdica, motivadora, transversal e multidisciplinar. É un poderoso recurso pedagóxico aplicable ó desenvolvemento de múltiples áreas: a expresión corporal, a creatividade, as habilidades sociais, a lingua, a historia, a literatura…

Ben sabemos que a educación en valores non consiste só en transmitir coñecementos e en ensinar unha profesión, senón en formar persoas, en integralas nunha cultura, é decir nunha lingua, nunhas costumes, crenzas, actitudes, modos de pensar e de vivir, ou sexa formar persoas preparadas para una sociedade plural. É aquí onde o teatro escolar xoga un importante papel.

A través da expresión dramática establecense relacións interpersoais activas propicias para o encontro, a comunicación, o traballo cooperativo e o impulso de actitudes morais básicas para o respecto, o diálogo e a participación responsable. Esto é especialmente importante nun momento no que o ordenador e a televisión non potencian precisamente estas relacións.

Son moitos os obxectivos que podemos acadar co teatro escolar, dende elevar a autoestima e a autoconfianza nos alumnos ata potenciar a socialización, a tolerancia e a cooperación entre compañeiros, pasando por potenciar a súa responsabilidade.

No sistema educativo actual conviven nas aulas alumnos con necesidades educativas especiais.
A eles hai que adicarlles tamén un oco moi especial no teatro escolar. Sexa cal sexa a súa discapacidade sempre pode atoparse un papel, segundo a súa capacidade e intervir ata onde cheguen. Vai ser favorable para a súa evolución e vai fomentar nos demáis alumnos a comprensión e a madurez.

O teatro escolar non está programado para realizar un estreno teatral espectacular, senón que a súa meta é o camiño que se recorre, porque o teatro na escola non é un fin senón un medio.