subscribe to the RSS Feed

Wednesday, June 19, 2013

Pegadas latinas na actualidade

Posted by miriamlopez on febrero 1, 2010

TOPÓNIMOS NA RÍA DE NOIA E ARREDORES.


A toponimia é o estudio dos nomes dos lugares , os cales se poden agrupar en : transparentes (carballo) , semitransparentes (Noia) . A maioria proveñen do latin vulgar ainda que poidan ter orixe xermánico ou celta .
Noia : topónimo de difícil interpretación . Relacionase cos vocablos NOEGA , NOELA e NOVIUM . Ten orixe nun adxetivo celta que evoluvciona a NOVIA e despois a NOIA.
Cesures : proven do vocablo latino “CAEDRE” (cortar) . Son poblacions situadas nun “corte”.
Roo :proven de rota , redondez dun terreo .De aí tamen ven Rodo e Rodieio.
Outes : proven da palabra ALTUM (lugar alto) .De aí lugares como Texosouto , Silvouta , Montouro ,Outeiro.
Lousame : procede da palabra prerromana “LOUSA”(pedra plana) .Lugar donde abundan lousas.
Santiago : topónimo cristiano de SANCTI IACOBI polo apostol . Quere decir a iglesia de Santiago.
Compostela : ven do diminutivo COMPOSITILLA , de Composita , a seu significado é población graciosa e ben construida.
Esteiro :ven de AESTUARIUM que quere decir desembocadura de un rio no mar.
Portosín : proven do vocablo latino PORTUS (porto) e SINUS (sin).
Padrón : topónimo latino que proven do vocablo “PETRONEM ” (pedra grande) , lugar onde hai unha gran pedra . De alí PEDRAFITA .
Louro : ven da palabra “LOR” ou ben de “LAURUS” . Dise do lugar que ten ouro ,roxo.
A Coruña : provén do vocablo celta “CLUNIA” (manantial).Dise do lugar onde hai un manantial.

Torre de Hércules, patrimonio da actualidade./Foto: Miriam López