You are here
Home > Ciencias naturais > Curso Get Up with Natural Sciences en Joensuu, Finlandia

Curso Get Up with Natural Sciences en Joensuu, Finlandia

No mes de maio de 2017, dúas profesoras do centro participaron no curso Get Up with Natural Sciences, que tivo lugar en Joensuu, Finlandia.

As profesoras participaron en talleres sobre a didáctica das Ciencias naturais, e puderon expoñer o seu traballo na Scifest, a feira das Ciencias que se celebrou na localidade de Joensuu nas mesmas datas.

Asímesmo, tiveron a oportunidade de coñecer o sistema educativo finés, e puderon visitar unha escola na súa actividade diaria, coñecendo e intercambiando impresións con profesores locais e doutras nacionalidades.

As actividades realizadas por días pódense consultar na páxina web do curso:

https://peda.net/yritykset/finnomenon/guwns52

 

As profesoras participantes realizaron unha presentación sobre a educación en STEM, que se pode consultar no seguinte enlace :

Presentación STEM

20170509_160549

Deixa unha resposta

Top