You are here
Home > Curso Get Up with Natural Sciences en Joensuu, Finlandia

No mes de maio de 2017, dúas profesoras do centro participaron no curso Get Up with Natural Sciences, que tivo lugar en Joensuu, Finlandia.

As profesoras participaron en talleres sobre a didáctica das Ciencias naturais, e puderon expoñer o seu traballo na Scifes, a feira das Ciencias que se celebrou na localidade de Joensuu nas mesmas datas.

Asímesmo, tiveron a oportunidade de coñecer o sistema educativo finés, e puderon visitar unha escola na súa actividade diaria, coñecendo e intercambiando impresións con profesores locais e doutras nacionalidades.

No seguinte enlace pódese consultar a actividade desenvolvida durante os 5 días de curso:

https://peda.net/yritykset/finnomenon/guwns52

As profesoras participantes realizaron unha presentación sobre a educación en STEM, que se pode consultar no seguinte enlace :

Presentación STEM

 

Top