DESPEDIDA
Mércores, Xuño 20th, 2012
Acabouse o curso e a vosa estancia neste colexio. Deséxovos toda a sorte do mundo na nova etapa que vos espera.
ATA SEMPRE!
Lourdes
CEIP Curros Enríquez – Ourense
Acabouse o curso e a vosa estancia neste colexio. Deséxovos toda a sorte do mundo na nova etapa que vos espera.
ATA SEMPRE!
Lourdes
Esta semana trabajamos la noticia “La vida con un cromosoma más”.
Responded a las siguientes preguntas:
¿Cuántos pares de cromosomas tenemos?
¿Son idénticos los cromosomas de un mismo par?
¿Dónde se encuentran los cromosomas?
¿Por qué son especiales los cromosomas del par 23?
Podeis encontrar información en la siguiente web:
Lourdes
Esta semana celébrase a 24ª SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA. Aínda que nós traballamos habitualmente coa prensa, esta semana prestáremoslle unha especial atención.
No xornal de hoxe vén unha noticia moi intesante sobre os resultados da Avaliación de Diagnóstico 2011 e as conclusións que se poden sacar dos mesmos. Debedes lela con calma e xa a comentaremos na clase. En relación á lectura, hai unha frase moi interesante: “Leer la prensa ayuda al intelecto”
Lourdes
Esta semana toca cine. A todos nos gusta, verdade? Pois tendes vía libre para escribir críticas de películas, textos informativos sobre os Oscar ou os Goya, aprender o vocabulario relativo ao cine… En fin, utilizaremos este tema para traballar a expresión.
A ver se contestades a estas preguntas.
Quen inventou o cine?
Cando?
Se o sabedes, respondede enviando comentarios.
Lourdes

A disfrutar destas pequenas vacacións. Vémonos o xoves
Lourdes
Esta é a mensaxe que vos envía o compañeiro Pablo .
“Voume ao hospital ás oito, non volvo escribir ata o venres. Pásadeo ben na miña ausenza.
Un saúdo: Pablo de Miguel Crego.”
Todos/as desexamos que te recuperes pronto.
Lourdes
A profe Rosa pasoume estes vídeos nos que nos dan consellos sobre as posturas correctas que debemos adoptar cando usamos o portátil.
Lourdes
embedded by Embedded Video
embedded by Embedded Video
Alégrame que vos guste o blog e que queirades participar nel. Por suposto que seredes benvidos… sempre e cando teñades un comportamento correcto e responsable. Este é un blog de 3º ciclo de Primaria, polo que debedes deixar atrás condutas propias de nenos pequenos e actuar de acordo coa vosa idade.
Estaredes esta semana de proba e a próxima xa nos poremos en contacto.
Lourdes

Comezou un novo curso e estamos dispostos a continuar coa nosa bitácora. Os de 6º xa contamos coa experiencia, moi positiva por certo, do pasado ano e agora dámoslle a benvida ao alumnado de 5º curso.
É moi importante a colaboración de todos e todas; os novatos non vos preocupedes, pois contades coa axuda da vosa titora, Rosa.
Veredes que hai unha nova categoría: Webs favoritas. Aí podedes ir escribindo direccións de webs que consideredes interesantes. Poden ser de temas educativos, culturais, lúdicos… . Debedes de escribir tamén un pequeño comentario.
ESPERO MOITA PARTICIPACIÓN
Lourdes
Aviso legal Política de privacidad Condiciones generales Todos los derechos reservados por lavozdegalicia.es. Suscribirse a Entradas RSS o a Comentarios RSS.