Fai 6 anos entrei pola porta de infantil con case 5. Era o meu primer día nun colexio chamado Curros Enríquez e nada máis entrar na clase a profesora “Feli” confúndeme con Belén, pois tamén era o seu primer día. Despois reunímonos todos nunha colchoneta e coñezo a María e a Melisa; a María xa a coñecía pero Melisa, con dúas coletas, burlábase de mín un pouco e non sei porque.
Un ano despois comecei a primaria e facíame ilusión que tíñamos que subir as escaleiras, cousa que agora non me fai graza. Que guai, xa na primaria cunha profesora nova (Marisa, a mellor) e dous novos alumnos Daniel e Raúl, aunque a Dani xa o coñecía. Recordo que as miñas amigas do alma eran María, Belén, Melisa e Noelia. Durante o curso veu unha profesora de prácticas moi boa (Lucía)
Ao ano seguinte, 2º. Xenial! máis maiores e aínda coa mesma profesora. Sego coas mesmas amigas pero amígome con Thalía, e ademáis gustábame bailar no recreo con ela; Melisa tamén quería e uniuse, e despois querían todas.
Pasa outro ano; mellor, vamos na metade da primaria e seguimos coa mesma profesora. Resulta que me aficionei ao fútbol algo que aínda non acabou. Comezamos co bolígrafo ¡ben!. Durante o curso chega unha profesora de prácticas (Tania) e máis adelante unha sustituta que me tiña manía. Ademáis tíñamos libros nos que non se escriben!
Pasamos a 4º. Guai, os maiores do edificio e cambiamos de profesora, Merche, coa que non me quedei disgustada, foi unha extelente profesora. Foi uns dos mellores cursos, un carnaval perfecto, mantiña as miñas amigas…Chegaron alumnos novos, Ron,Yago e Romeo, uns bos amigos, pero ao final do curso márchase Noela e Thalía, unha pena.
Ao fin cambiamos de edificio e de profesora en 5º, Rosa, que aínda manteño. É unha perfecta mestra. Gústame este curso porque tiven e teño moi boa amizade con Claudia, unha boa amiga. Penso en moitísimas cousas e gústame, xogo coas miñas amigas e ao fútbol. Non podo esquecerme de Vanessa, a mellor profesora de prácticas que tiven.
Dentro de pouco terei que despedirme do lugar da miña infancia e comezar unha nova vida no instituto o lugar da adolescencia.
PERO VOS VOU DICIR ALGO: NUNCA NUNCA LLE DIREI ADEUS A ESTE COLEXIO PORQUE SEI QUE LLE PODO DICIR OLA SEMPRE QUE QUEIRA. É UN COLEXIO INOLVIDABLE.
Grazas Curros Enríquez.
LOLA CALVIÑO PUERTAS.