Archivo para Novembro 3rd, 2010

O SAMAÍN NA CLASE DE PLÁSTICA (6º)

Mércores, Novembro 3rd, 2010

COMO ELABORAR UNHA MEIGA DE SAMAÍN:

Materiais:

-Unha culler de madeira.(Corpo)

-Témperas de cores vistosas.(Cor)

-Papel de seda.(Cabelos)

-Cartolina de cor negro.(Sombreiro e roupaxes)

-Unha chincheta.

-Pegamento.

-Varios “gomets” de cores.

Elaboración:

1º-Pintamos a culler da cor escollida (ten que verse de lonxe).

2º-Deixámola secar.

3º-Recortamos na cartolina un triángulo grande (vestido), dous máis pequenos (sombreiro), unha tira alongada (brazos) e dúas máis pequenas (sombreiro).

4º-Recortamos tiras de papel de seda de cores, que utilizaremos para os cabelos.

5º-Pegamos as tiras de papel de seda nunha das tiras pequenas de cartolina, poñemos os dous triángulos e, a continuación, a outra tira curta. Pegámolo ben e deixamos espazo polo interior do sombreiro para meter a parte superior da culler de madeira.

6º-Para facer a roupa da nosa tenebrosa meiga, collemos o triángulo grande e a tira longa de cartolina e os poñemos coma no debuxo fixandoos á culler cunha chincheta.

7º-Por último, imos decorar a nosa meiga debuxándolle unha tenebrosa cara e, para que a roupa non lle quede sosa, pegámoslle uns “gomets”.

Uxía Nóvoa

A MEIGA DE SAMAÍN

Mércores, Novembro 3rd, 2010

Esta é a bruxa que fixen para Samaín

Ángela

 

UNHA NOITE NO CEMITERIO

Mércores, Novembro 3rd, 2010

Se queredes escoitar historias de princesas, trasnos alegres ou contos de fadas, non estades mirando a entrada adecuada, porque o que vos vou contar e o que ides escoitar son historias de medo e berros de nenos.

Era domingo pola tarde e so quedaban cinco horas para o Samaín. Lidia e Tania, dúas enemigas, querían competir para ver quen era a que máis medo tiña.

_Ti es a que máis medo tes, _di Lidia.

_Para rematar a discusión, comprobaremos quen é a que máis medo ten durmindo unha noite no cemiterio._Rematou o tema Tania.

_Moi ben, gústame a idea pero temos que pór cámaras de vídeo para comprobar que ninguén fai trampas._Dixo Lidia.

Por fin en  algo as dúas estaban de acordo, pero olvidábanse de algo. Se queredes que vos diga teredes que…bueno, está ben diréivolo. Olvidávanse de que tiñan unha festa na escola, entón Tania dixo:

_O no, Lidia a festa de escola!

_Iso agora non me importa, imos competir sexa como sexa ._contestou Lidia.

_Ao final quedáronse ao durmir no cemiterio, pero mentres colocaban as cousas nas esqinas onde ían durmir, apareceu un feretro brillante, apoiada nunha barandilla. As dúas berraron e abrazáronse forte e… As dúas dixeron:

_Parece que o medo únenos, gustaríame non pelexar nin competir máis.

As dús amigaronse  pero… Do feretro saíu un morto vivinte dicindo:

_Aposto que da máis medo a vosa profesora de matemáticas cando pon deberes. As nenas ríronse  e fóronse a festa do Samaín da escola, e deixaron o plan do cemiterio olvidado.

Xa vos dixen que non iba a ser tan alegre a historia.

LOLA CALVIÑO PUERTAS.

Noticias da semana “6º”

Mércores, Novembro 3rd, 2010

As noticias da semana foron a da morte do “PULPO PAUL” e a do descubrimento do “PEIXE DOS DEZ MILLONS DE ANOS”.

Comezamos polo Pulpo Paul:

A morte do pulpo “PAUL” revolucionou todo o mundo, sobre todo O Carballiño, que quería conseguir os restos para facer un museo do pulpo.

Pasamos á seguinte noticia, a do peixe dos dez millóns de anos:

Con peixe de dez millóns de anos, non me refería a que o peixe tiña “dez millóns de anos”, se non a que a súa especie viviu fai dez millóns de anos. Descubrírono en Valencia uns xoves investigadores.

 

Daniel e Uxía. :mrgreen:

SAMAÍN

Mércores, Novembro 3rd, 2010

 

INSTRUCCIÓNS PARA FACER UNHA CABAZA DO SAMAÍN

1. Coller unha  cabaza, un coitelo, unhas tesoiras  e un punzón.

2.Vaciar a cabaza  cun coitelo.

3.Coller o punzón e unhas plantillas coa  cara debuxada e picar co  punzón.

4. Logo acender unha candea.

5.A CABAZA  XA ESTÁ!    QUE MEDO¡¡¡

Verónica Asselín

ojd