Segundo o informe PISA, Corea do Sur ten unha das mellores educacións do mundo, pero moitos nenos/as sofren moitos problemes de depresión debido a que xa dende pequeniños fanlles estudar e aproveitar ata o último minuto do dia. Isto é así porque moitas veces moitos nenos, con oito ou nove anos, xa estudan tanto como moitos nenos de bacharelato en España.
Os nenos de secundaria, ademais das clases normais no instituto, teñen cabinas onde traballan por se mesmos, sen profesor ningún, ata altas horas de la mañá. Cando saen, os seus pais recóllenos e lévanos, ás veces a outro extremo da cidade, a moitas clases extraescolares. Unha vez rematadas, mais ou menos a unha da mañá, vanse as súas casa e déitanse. Ao día seguinte, levántanse ás cinco da mañá para comenzar de novo as clases.
En Corea do Sur a maioria de nenos de entre 14 e 15 anos botan entre cincuenta e setenta horas á semana en clases. Isto débese a que son moi competitivos e queren entrar nas mellores universidades, pero isto elevou moito a infelicidade dos nenos/as, debido a presión por parte dos pais.
COMENTARIO: Eu creo que nós non nos podemos queixar porque nos manden moitos deberes ou nos poñan moitos exames, senón que deberiamos intentar estudar, polo menos unha cuarta parte do que estudan en Corea do Sur, ou polo menos non queixarnos tanto.
Pero, aínda que teñan tan bos resultados, aos nenos de Corea lles quitan a súa infancia e perden os mellores anos da súa vida. Non me parece xusto.
LUCÍA