O DIAÑO VÍSTESE DE PRADA
Martes, Marzo 6th, 2012
SIPNOSE :
Unha moza de barrio, Andrea, recén saída da facultade de periodismo empeza a traballar na máis importante e glamurosa revista de moda, onde o único que lle importa aos seus compañeiros é vestir de marca, á última e ter as medidas perfectas, o que non cadra coa forma de ser de Andrea. E por suposto ter contenta á xefa, Miranda, a quen todo o mundo teme porque para ela todo ten que ser perfecto. Miranda decide o que é moda e o que non.
A rapaza vaise metendo nese mundo, e pouco a pouco cambiando a súa forma de ser, o que lle fai perder os seus amigos e noivo. Ela descubre que ese mundo non é tan perfecto e que existe moita ambición e egoísmo e semella que a ninguén lle importan os demais. Qué fará despois?
CRÍTICA :
Esta é a película de máis éxito do seu director, David Frankel, que non adoita dirixir filmes senón series de televisión. A película móstranos o interior do mundo da moda, o díficil que é manterse no cumio neste mundo. Esta comedia drámatica é entretida e fácil de ver para todo tipo de público, sobre todo debido ás boas interpretacións dos seus actores, entre os que destaca a sempre estupenda Meryl Streep, que aparece moi atractiva nesta cinta.
Os decorados están moi coidados, pero sobre todo destaca o vestiario que nos traslada ao glamuroso mundo da moda. É moi significativa a escena na que unha axudante móstralle a Miranda uns cintos practicamente iguais para que escolla un, e Andrea ríese porque a penas distingue as diferencias; a xefa aprovecha para darlle unha lección sobre a industria da moda.
Claudia