
Era unha vez un pai e un fillo que sempre estaban a traballar. Ao revés que o pai, ao fillo encatabanlle ir ás festas, sempre dicía: “cada cousa ao seu tempo”.
Un día o fillo quería ir a unha festa , e estivo discutindo co seu pai durante bastante tempo:
- Pero, pai, eu quero ir – dicíalle o fillo.
- Que non, que hai que traballar- contestáballe o pai.
Ata que o pai, farto de discutir, díxolle sen pensar:
- Vai e oxalá te convertas nalgún animal.
Á volta da festa viu que o pai estaba dormido, canso de tanto traballar, e el decidiu que tamén tiña que ir á cama. Pola noite o fillo levantouse e unha forza misteriosa fíxolle ir ao bosque e alí empezou a sentir como lle crecían as unllas, e empezoulle a saír pelo por todas partes e, sen darse conta, convertérase nun lobo.
Á mañá seguinte o pai empeou a buscalo e a preguntar por él por todas partes. Entón decidiu ir á meiga do pobo, que lle dixo:
- O teu fillo está convertido en lobo e tan só hai unha forma de salvalo: tes que matar a un carneiro e levalo ao monte, o primeiro lobo que vaia hacia el será o teu fillo, e cando vaia a comer terás que cravarlle este coitelo de prata, pero sen facele unha ferida mortal.
O pai ao día seguinte foi ata o bosque e alí colocou o carneiro. Despois apareceu un lobo e saltoulle para cravarlle o coitelo. Cando llo cravou viu como a pel de lobo desaparecía e volvíase a converter en humano. Volveron a casa e pedíronse perdón.
Julio Rivera Leal