TAMÉN NO NADAL
Xa nos estamos afacendo a ver novas referidas a que os galegos gastamos cada vez menos. Isto ponse de manifesto en todos os campos, venda de coches, mobles, roupa, e incluso a alimentación. No fondo é esta maldita crise que estamos a vivir e que parece que non vai a respetar nin o Nadal.
Algún incluso se atreve a dicir que os galegos temos un carácter pouco animoso, pero o certo é que se fai bo o dito de que “se non hai para pan, non mercamos estampitas”. Por moi animosos que queiramos ser, e máis nestas festas, se xa fai meses que todos ou parte dos membros da familia xa quedaron no paro non hai quen se anime a mercar os mesmos xoguetes para os nenos da casa, e así danse datos de baixada dun 20%, nin tampouco se ten moito ánimo de gastar en ocio durante as festas, ou mellor dito os maiores non teñen ánimo para ir nin posibilidades de darlles cartos aos mozos para que o fagan.
Así pois os nenos vamos a ser os máis perxudicados nestas festas, se ben é certo que no pasado se fixeron moitos excesos e que moitos dos xoguetes que se mercaban acababan nun curruncho dunha habitación sen ser usados ou que se gastaban moitos cartos ao tonto para nos ter entretidos e sen molestar.
Das crises poden sair oportunidades e, ao mellor, con menos para gastar agudizamos o inxenio e recordamos xeitos de nos divertir que xa se empregaron cando todos tiñamos moito menos. Os nosos avós son expertos nisto como nos contan cada vez que lles damos oportunidade.
E por fin vai ser certo que se come ben en Galicia e proba diso é que según din os datos, será a única partida onde non imos baixar.
Así pois, xa sabemos, este Nadal teremos menos xoguetes pero amañarémonos, sairemos menos, pero podemos tentar de pasalo ben coa familia ou os amigos sen gastar, pero polo menos, comer, comeremos ben.
Bo Nadal a todos, e esperar que o ano que ven nos traia uns datos de subidas de gasto e non de baixadas, que quererá dicir que imos por bo camino.
LUCÍA REVALDERÍA DÍAZ