Como elaborar un disfraz de PIANO

Escrito por O xove xornalista
16 de Febreiro de 2012 a las 12:58h

Materiais:

Bolsas de basura azul.

Papel pinocho laranxa.

Papel adhesivo negro e amarelo.

Tesoiras.

Rotulador vermello.

Grampadora.

Pentagrama de música.

Piano de papel.

 

 

Elaboración:

Recortar as bolsas de basura facéndolles o pescozo e os brazos, despois, pegar o pentagrama e o piano, e, co papel adhesivo cortar unhas tiras para pegalas arredor do pentagrama e do teclado.

Debuxar as túas mans no papel adhesivo amarelo, recortalas e pegalas como se estivesen tocando o teclado; despois, cun rotulador vermello, as nenas, píntanlles as unllas para que quede máis orixinal.

Finalmente, co papel pinocho laranxa, facemos un lazo e o grapamos no disfraz, con coidado de non grapalo polos dous sitios e despois non poder meter a cabeza; tamén, co papel adhesivo negro podemos facer uns detalles, coma, por exemplo unha nota musical e a pegamos na espalda. E para que quede mellor, os nenos e nenas deberán peinarse elegantemente e debuxaranse unha clave de sol na meixela.

Att: José Alejandro Calderón Morales

2 respuestas a “Como elaborar un disfraz de PIANO”

  1. Julio dice:

    Moi ben as instrucións para facer o disfraz Jose ;)

  2. VERONICA ASSELIN LOPEZ dice:

    Muy bien Jose, ( BFFO) muy bien elaborado… VERY GOOD Jose!!!

ojd