CARTA AOS GOBERNANTES

Gobernantes españois:

Grazas á prensa decatámonos de que en  España hai unha porcentaxe bastante alarmante de pobreza infantil. Hoxe, 23 de maio do 2012, enterámonos de que en Cataluña  o 23% de nenos vanse á cama sen cear, non dispoñen de diñeiro para comprar roupa adecuada, para o ocio e o tempo libre, viven hacinados en casas moi pequenas sen apenas espazo para poder convivir toda a familia sen ter roces e conflitos, a súa saúde está peligrando, porque non teñen suficiente diñeiro, por culpa da crise.

Gustaríame que si vos chega esta carta fagades algo para evitar tal barbaridade, porque a saúde infantil é moi importante, porque teñen  que medrar e ademáis son o futuro de España, e sen eles este país nom podería saír adiante e saír da crise. Mentres os nenos están pasando hambre e vivindo en condicións infrahumanas. E deberiades facelo porque tamén e a obligación dos políticos, ministros, senadores… etc. Garantir O BENESTAR da poboación española.

Jose Alejandro Calderón Morales

Debuxo: Xurxo

Comments are closed.