O noso proxecto

O IES de Pobra do Caramiñal comeza a desenvolver o proxecto Best Práctices Benchmarking neste curso 2014-15, dentro do programa europeo Erasmus+

  • Pretendemos mellorar a calidade da nosa escola establecendo unha avaliación comparativa co sistema educativo finés, para o cal contamos col curso de avaluación comparativa organizada por EUNEOS que inclúe, entre outras moitas actividades formativas, visitas in situ a varias escolas finlandesas.
    A aprendizaxe estará relacionada con:
    • establecimiento de estruturas permanentes para a innovación na nosa escola
    • inclusión dos aspectos encamiñados á innovación no PEC do centro
    • coñocer métodos eficientes de formación do profesorado
    • implementación de parámetros de calidade nas prácticas educativas
    · impulso de proxectos innovadores
    • métodos de resolución para problemas de aprendizaxe
    • creación de redes de profesorado encamiñadas á colaboración e a aprendizaxe permanente
    · construcción da comunidad europea
    A actividade vaise  realizar en Finlandia, visitando escolas finlandesas na súa actividad diaria, co cal se poderán establecer contactos con outros centros e profesionais que poden resultar moi produtivos nol futuro, planeando xa para a próxima convocatoria solicitar unha actividade de jobshadowing na que participarán profesores da nosa escola e dunha escuela socia finlandesa.

cofinanciado

29

10 2014