Novo proxecto Erasmus + KA1

Neste curso 2017-18 comenzamos un novo proxecto europeo de formación do profesorado Erasmus +, que leva por título Formación continua para a internacionalización e mellora da calidade na nosa escola, que imos desenvolver durante dous cursos.

As actividades incluídas no proxecto foron seleccionadas para que os profesores implicados nas distintas accións e programas que se tratan de promover no centro, como Seccións Bilingües e Programas europeos Erasmus +, actualización dixital ou programas de convivencia escolar sexan os que participen e melloren as súas competencias a múltiples niveis, con especial enfoque nas linguas estranxeiras e no ámbito da mellora da competencia dixital e Novas Tecnoloxías da información e a Comunicación.
Inclúe a realización de 14 cursos no estranxeiro por parte do profesorado do noso centro.

Publicado en Inicio | Deixa un comentario