Cursos Perfeccionamento en lingua inglesa

Seis profesores do IES de Pobra do Caramiñal participaron no mes de xullo en cursos de perfeccionamento de lingua inglesa en Inglaterrra.

Os profesores participantes están desenvolvendo os programas de Seccións bilingües e Erasmus + do centro, co cal a formación contínua en linguas estranxeiras é fundamental para desenvolver a súa labor.

Durante dúas semanas recibiron clases diarias cunha variedade de actividades para mellorar as súas habilidades de comunicación en lingua inglesa

– Comunicación en lingua inglesa (Escoitar e falar, pronunciación e entonación, revisión de gramática, vocabulario)
– Novos desarrollos no idioma Inglés.
Durante o curso realizáronse diferentes tests para avaliar o progreso do profesorado

Para completar a súa formación e integración na cultura inglesa, os profesores estiveron aloxados por familias inglesas.

No curso de formación inicialmente realizouse un test a cada profesor para comprobar a súa competencia en lingua inglesa e determinar o nivel do curso ó que se debería incorporar e adaptar así a formación ás necesidades de cada profesor.