PIALE 2018. Canadá. Presentación

Durante o mes de outubro de 2018 dous profesores do IES de Pobra do Caramiñal realizaron un programa de jobshadowing nun centro canadiense, dentro do programa PIALE, Plan Integral de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras para o profesorado. Este programa de formación permite ós profesores unha inmersión na lingua e na cultura canadiense durante un mes, así como a integración nas actividades dun centro educativo de Educación Secundaria, observando e participando das clases, e podendo intercambiar boas prácticas en ensino CLIL.

A seguinte presentación móstranos a súa experiencia, que xa compartiron tanto co profesorado como co alumnado do centro.