Scafolding thinking skills with CLIL

Durante a semana pasada, dous profesores do IES de Pobra do Caramiñal viaxaron a Rovaniemi, Finlandia, para asistir ó curso de formación sobre metodoloxía CLIL, aprendizaxe integrado de contidos e lingua estranxeira. Os profesores participantes están impartindo clases bilingües de Educación Física e Socioloxía no centro.
O curso, denominado Scafolding thinking skills with CLIL, foi organizado pola Universidade de Verán de Laponia, una institución con gran experiencia na investigación e o desenvolvemento en CLIL.
Desenvolveron durante cinco días actividades diversas e visitas a escolas locais, nas que compartiron boas prácticas no ensino CLIL e ampliaron o seu repertorio de estratexias e técnicas para axudar ós alumnos no desenvolvemento das súas capacidades.
O programa completo do curso pódese consultar no seguinte enlace:
http://docs.wixstatic.com/ugd/294adc_9a2b938d1e3448be98eac829146bd74b.pdf