Curso actualización en lingua inglesa

Durante o mes de xullo de 2017, tres profesores do IES realizaron un curso de actualización de lingua inglesa en Reino Unido, cuha duración de 2 semanas. As actividades formativas tiveron lugar na escola Kaplan Internacional en Londres, e para completar a súa formación e integración na cultura inglesa, os profesores estiveron aloxados por familias inglesas.

No curso de formación inicialmente realizouse un test a cada profesor para comprobar a súa competencia enlingua inglesa e determinar o nivel do curso ó que se debería incorporar
Os profesores asistiron a catro horas  de clase  diarias de luns a venres, cunha variedade de actividades para mellorar as súas habilidades de comunicación en lingua inglesa
– Comunicación en lingua inglesa (Escoitar  e falar, pronunciación e entonación, revisión de gramática, vocabulario)
– Novos desarrollos no idioma Inglés.

Durante o curso realizáronse diferentes tests para avaliar o progreso do profesorado.

A formación Erasmus+ no IES de Pobra do Caramiñal

 

O IES de Pobra do Caramiñal leva participando máis dunha década en diferentes proxectos europeos Comenius e agora Erasmus + .  A  participación  en  proxectos  transnacionais  é  un  aspecto  ó  que  o  noso centro  da  gran importancia,  xa  que  nos  permite  ampliar  a  dimensión  europea  e  a  cooperación  con  outras  escolas , entrando en contacto con prácticas educativas innovadoras e métodos organizativos de distintos países.  Así mesmo tense revelado como importante fonte de motivación e de dinamización en diversos ámbitos, así como provedora de experiencias intensas de aprendizaxe e convivencia.

Neste curso comezamos a desenvolver o proxecto Erasmus + KA1 Internacionalización e calidade na escola, que se levará a cabo entre  os vindeiros 2 cursos, para rematar no mes de febreiro de 2018.

As actividades foron deseñadas para que os profesores do centro melloren as súas competencias nas linguas estranxeiras e no ámbito do deseño e implementación de proxectos europeos de calidade.

Os cursos de formación programados neste proxecto  son os seguintes:

  • 2 cursos “Quality EU Project Management Erasmus+”  dirixidos a profesores do  centro involucrados en proxectos europeos .
  • 3 cursos de perfeccionamento en lingua inglesa dirixidos principalmente a profesores de aulas bilingües (CLIL), profesores de lingua estranxeira e profesores participantes en proxectos europeos .

 

Erasmus + no IES de Pobra do Caramiñal

Comments are closed.