A hora do Planeta
O 27 de marzo hai unha movilización en todo o planeta para facerse oir e deter o cambio climático: máis de mil millons de persoas estarán chamadas a apagar as súas luces de 20:30 a 21:30
¡Anímote a facelo onde te atopes a esa hora!
Máis información
Dúas formas de vida baixo o xeo da Antártida
O descubrimento dunha criatura parecida a unha gamba e un tentáculo de medusa, altera as teorías existentes sobre as condicións nas que se pode desenvolver a vida.
Le a noticia neste enlace
E contesta á pregunta que se formula neste outro …
Espero que vos guste…
¡…E ESPERO AS VOSAS RESPOSTAS!
Continúa el espectáculo del Mayon
El volcan ha producido en los diez últimos días 20 millones de metros cúbicos de lava.
La Voz de Galicia. 24/12/2009
El volcán Mayon, el más activo de Filipinas, ha vuelto a expulsar cenizas y lava, y no se descarta que se pueda producir en los próximos días una gran erupción, según ha informado el Instituto Filipino de Vulcanología y Sismología.
Resolve este problema de pesos
Temos nove mazás. Todas pesan o mesmo excepto unha, que pesa menos que as demáis. Averigua como se pode saber cal é se temos unha balanza e soamente nos está permitido utilizala dúas veces.
Fai as probas no seguinte enlace, entrando no menú “Pesos”-”Mazás” da esquerda da pantalla.
¿Xa diches coa resposta? Logo anímate cos outros dous problemas que aparecen no mesmo enlace. ¡E non te olvides de contarnos a resposta se deches con ela!
RESOLVAMOS ENIGMAS
Dous profesores pasean, charlando sobre as súas respectivas familias.
“Por certo -pregunta un- que idades teñen as túas tres fillas?”
“O produto das súas idades é 36 -contesta o colega- e a súa suma é igual ao número da túa casa”.
Tras pensar uns intres, o que fixera a pregunta di: “Faltame un dato”.
“É certo -di o outro-, esqueceume dicirche que a maior toca o piano“.
Que idades teñen as tres rapazas?
¿Chocolate para as mates?
Científicos ingleses afirman que un dos compoñentes do cacao incrementa a capacidade de cálculo
El chocolate está bueno y es bueno. Sobre todo si es negro. Se ha dicho que tiene propiedades anticancerígenas, que es cardioprotector y que incluso podría actuar como el ácido acetilsalicílico, o sea, la aspirina. Siempre que se consuma con
moderación, por supuesto.
Ahora, además, un estudio británico presentado en la conferencia anual de la Sociedad Británica de Psicología, celebrada en Brighton, avanza que también es útil para las matemáticas. O mejor dicho, la aritmética. En cierta forma. Según asegura David Kennedy, científico de la Universidad de Northumbria (Newcastle) coautor del informe, los flavonoles (antioxidantes) que contiene el cacao incrementan el riego sanguíneo en el cerebro, lo que permitiría a los sujetos que lo consumen efectuar cálculos de forma más rápida…“
En que consistiu o curioso experimento...
Milímetros de auga??? PISTAS…
Recordades a pregunta formulada no artigo milímetros de auga???
¿Quen me sabe dicir que é iso de “80 milímetros de auga en doce horas”? ¿A canta auga equivale: a un vaso, a un caldeiro, ao estadio Santiago Bernabéu cheo de auga…?
¡Non me digades que non dades coa resposta!.
A ver se con un pouco de axuda… Ahí tes a imaxe dun pluviómetro. Pincha e investiga.

“Mínimo común denominador” no Tribunal Constitucional
[ http://mediateca.educa.madrid.org/reprod...]
Agora que estamos con fraccións, e fartos como quedaredes de reducir fraccións a común denominador , atopo unha noticia cunha linguaxe que soa a Matemáticas.
A noticia é extraída do diario dixital “El País” do día 22 deste mes, en relación a sentencia sobre o Estatuto de Cataluña que emitirá o Tribunal Constitucional. Por si non o sabedes, neste momento os compoñentes do Tribunal Constitucional presentan posicións enfrontadas e nalgúns aspectos inamovibles que dificultan a emisión da sentencia. Agora espérase un estratéxico acercamento de determinados sectores dentro do TC, para conformar así unha hipotética maioría, que tería coma finalidade chegar a alcanzar UN MÍNIMO ACORDO en canto a temas de identidade de Cataluña dentro do Estatuto.
Pero fixádevos de que modo o din:
“…Esa hipotética mayoría sería la encargada de encontrar un mínimo común denominador en torno a los temas identitarios, que pasaría por desprenderse definitivamente del término “nación” tal como consta en el preámbulo, y tendría que aquilatar las cuestiones más polémicas del título preliminar…”
Pulsa aquí para vela completa
http://www.elpais.com/articulo/espana/te…
Milímetros de auga????
As matemáticas atopámolas moito máis preto do que pensas. Sen ir máis lonxe, mira esta noticia do Sábado, que ainda que a poideras ver, seguramente non a viches con ollos matemáticos:
Noticia publicada na Voz de Galicia (14/11/09)
“A Dirección Xeral de Emerxencias alertou dun novo fenómeno meteorolóxico de nivel laranxa por choivas que afectará a Galicia …
Segundo as previsións da Axencia Estatal de Meteoroloxía, as precipitacións acumuladas poderán alcanzar os 80 milímetros en doce horas na provincia de Pontevedra e os 50 en A Coruña e Ourense.”
A páxina de meteoroloxía galega amósanos táboas de precipitacións acumuladas nas distintas estacións. Aquí podes acceder aos datos na estación do Campus de Vigo
A ver, a ver… ¿Quen me sabe dicir que é iso de “80 milímetros de auga en doce horas”? ¿A canta auga equivale: a un vaso, a un caldeiro, ao estadio Santiago Bernabéu cheo de auga…?
Concurso na Biblioteca do Centro
A biblioteca do IES Xoán Montes convoca un concurso entre o alumnado do centro para buscar cancións relacionadas coas matemáticas.
Máis información en
http://bibliotecaiesxoanmontes.blogspot….



