Como traballamos os “currantes”

Escrito por Os currantes de Curros
11 de junio de 2012 a las 7:48h

Algúns dos currantes “máis activos” do blog, xunto cos seus profesores, ensinan os seus premios e dan as gracias a Prensa-Escuela

Un dos primeiros retos que se nos plantexou ao comenzar o noso blog, foi que nos atopabamos cun alumnado que nunca tivera contacto co mundo da informática cun fin educativo.

A nosa finalidade foi dotalos das ferramentas axeitadas para comenzar a traballar: que era un blog, para que podía servirnos, ensinalos a abrir una conta que os permitira acceder a dito blog e amosales que, ainda que a finalidade era a súa aprendizaxe presente, simultaneamente comenzarían a utilizar internet dun xeito seguro e útil, algo que nun futuro non moi lonxano para eles, ía convertirse en algo habitual nos seus traballos escolares.

Nun principio pensamos que unha forma de que se interesaran, era recoller as nosas actividades diarias, unha especie de prensa local na que podian meter os seus comentarios, opiniones e pouco a pouco foron meter os seus propios traballos.

Todo iso levóunos a interesarse por cousas que ían dende o manexo do teclado, o escaneado dos seus propios traballos, as creacións de video ou a realización de fotografías cunha finalidade de testemuña.
Así mesmo iniciáronse no uso de varios programas de presentación de videos , fotografías , carteis…

Un dos logros máis interesantes foi o de que, despois de facer unha saída,visitar unha exposición ou ir a unha proxección cinematográfica , souberan comentala ou ben facer traballos relacionados coas mesmas e incluso ampliar a información recibida.

Fixeron crítica literaria e colaboraron coa biblioteca.

Así mesmo, foron facendo unha crónica periodística de algunhas actividades, coma no caso dos traballos do Proxecto Semente ou da visita aos Concertos Didácticos de Celanova.

http://blogs.prensaescuela.es/oscurrantesdecurros/category/proxecto-sementeunha-empresa-na-mina-escola/

As creacións artístico-históricas para fixar coñecementos tamén ocuparon un lugar destacado.:

http://blogs.prensaescuela.es/oscurrantesdecurros/2012/03/14/facemos-os-nosos-petroglifos/

http://blogs.prensaescuela.es/oscurrantesdecurros/2011/12/14/a-mina-vida-no-paleolitico/

Coidamos que se observamos as primeiras entradas, e as comparamos coas últimas, vése o traballo realizado polos alumnos.

Deja tu comentario