0

Cítricos e ecoloxía

Posted by estudante on 22 marzo, 2017 in ciencias, Ecoloxía, Obradoiro Prensa, Proxecto Documental, Reciclaxe, Sin categoría |
PDI: Investigando tolos pola ciencia
Desenvolvemento sostible.

Julio

Ola a todos/as, gustaríame compartir con vós esta noticia que lin en Amazings e que me parece moi interesante para o noso proxecto. Aproveito para animarvos a todos/as a ler a revista NCYT (Noticias da Ciencia e Tecnoloxía), hai noticias  moi interesantes sobre ciencia: tecnoloxía, medio ambiente, física, enxeñería, astronomía, bioloxía…

“Investigadores da Universidad de Granada e de México, descubriron un material ecolóxico a partir das peladuras de distintas froitas como a laranxa e o pomelo, que actúa como depuradora das augas contaminadas con metais pesados e outros residuos contaminantes.”

Pel dos cítricos para limpar augas contaminadas

Etiquetas: ,

0

Recuncho poético: palabra de árbore

Posted by estudante on 21 marzo, 2017 in Árbore, Competencia lingüística, Creación literaria, Poesía, Proxecto Documental |
Proxecto documental: Investigando, tolos pola ciencia – Día da árbore
 OBXECTIVOS- coñecer as árbores que rodean a escola, desenvolver a creatividade, adquirir vocabulario, traballar o xénero lírico.
 ACTIVIDADES– Traballo en equipo. Escollede unha árbore do patio e investigade sobre ela. Tedes que escribir unha ficha descritiva e compoñer un poema.

GRUPO 3 – Irene, Sofía Julio, Ainhoa e Saúl

A OLIVEIRA

Hai unha pequena oliveira
a carón da nosa escola ,
pretiño plantamos unha figueira.
Para que non se sentira tan soa

O tronco retorto,
as follas pequechiñas,
non medra moito
toda ela é xeitosiña

Xa polo mes de maio
a nosa oliveira 
énchese de flores, 
xa é primavera!

Ao final do verán
á nosa pequena amiga
fáltanlle poucos días
para ter verdes olivas

Faremos rico aceite
Para regar a comida
En salsa ou na ensalada
Toda estará moi rica

FICHA DESCRITIVA DA OLIVEIRA

Olea europea

Orixe: Procede de Asia Oriental, pero está naturalizada en toda a Rexión Mediterránea

As follas son opostas, perennes, simples e lanceoladas de 2-6 cm. de lonxitude, verdes no haz e branca prateada no envés, con pecíolo curto.

As flores son hermafroditas ou unisexuais na mesma árbore, de pequeno tamaño, brancuxas e dispostas en acios.

O froito é carnoso e oleoso. É a oliva, dela extráese o aceite.

O tronco  é retorcido.

É unha árbore lonxeva que pode vivir máis de 1.000 anos

Crece lentamente e as súas raíces son moi longas.

Etiquetas: ,

0

Recuncho poético: poemas de árbore

Posted by estudante on 21 marzo, 2017 in Árbore, ciencias, Creación literaria, Poesía, Proxecto Documental |
Proxecto documental: Investigando, tolos pola ciencia - Día da árbore
 OBXECTIVOS- coñecer as árbores que rodean a escola, desenvolver a creatividade, adquirir vocabulario, traballar o xénero lírico.
 ACTIVIDADES- Traballo en equipo. Escollede unha árbore do patio e investigade sobre ela. Tedes que escribir unha ficha descritiva e compoñer un poema.

GRUPO 1 – Icía, Fani, Lucía, Candela

A CATALPA, Á ÁRBORE DAS TROMPETAS

Hai en Toén unha catalpa
Que vive no patio da escola,
Coma unha montaña de alta
Gústanos sentar á súa sombra.

Chega o outono
E espida se queda,
Mortiña de frío
Arrimádevos a ela!

Cheíña de vainas,
Está no inverno
Non espero que caian
Ata chegar febreiro.

Acios de flores
sáenlle na primavera
Alimentan aos paxaros
que se pousan nela.

 

FICHA INFORMATIVA: A CATALPA

Familia bignoniaceae

Orixe: Sur e Leste dos Estados Unidos

Descrición: Árbore caducifolia de crecemento moi rápido.

Tamaño: De 10 a 25 metros de altura e de 5 a 8 metros de diámetro de copa.

Follas: Moi grandes, ata 20 cm en forma de corazón.

Flores: En acios, brancas moi grandes e vistosas, con corola de 3-5 cm e con 5 estames, aparacen xuntamente coas follas.

Froitos: parecidos a vainas xigantes das fabas de ata 30 cm de longo, pendurados da árbore durante boa parte do inverno.

 

Etiquetas: ,

0

Recuncho poético: poemas de árbore

Posted by estudante on 21 marzo, 2017 in Árbore, Competencia lingüística, Creación literaria, Poesía, Proxecto Documental |
Proxecto documental: Investigando, tolos pola ciencia - Día da árbore
 OBXECTIVOS- coñecer as árbores que rodean a escola, desenvolver a creatividade, adquirir vocabulario, traballar o xénero lírico.
 ACTIVIDADES - Traballo en equipo. Escollede unha árbore do patio e investigade sobre ela. Tedes que escribir unha ficha descritiva e compoñer un poema.

GRUPO 2 – Vidal, José Eligio, Pablo e Lúa

O Pradairo

O pradairo do noso patio,
É alto como o colexio
Crece moi rápido
E dende a ventá o vexo.

O noso pradairo
é fácil de recoñecer
Ten o tronco branco
ti o podes ver.

Ten moitas flores preciosas
todas florecen no mes de abril
se as contas pasan dos dez mil
imposible contalas todas.

Os seus froitos son avións
caendo en verán do ceo azul
Gárdoos todos no meu baúl
entre os coches e os camións.

FICHA DESCRITIVA DO PRADAIRO

Acer pseudoplatanus

Falso plátano polas súas follas semellantes ás da devandita árbore.

Orixinario do centro e do sur de Europa

Árbore anxiosperma caducifólea.

Follas simples, opostas de  7-16 cm., palmeadas, máis anchas ca longas, beiras dentadas e pecíolos longos.

 

 

Flores hermafroditas ou unisexuais con pétalos pequenos de cor amarela verdosa, en acios de 6-12 cm. (inflorescencias colgantes)

 

 

 

Froitos secos con ás (sámora dobre) agrupados en acios.

A madeira desta especie é doada de traballar e tornear.

Fontes consultadas: O pradairo-Adela Leiro

Etiquetas: ,

0

Recuncho poético: rimando con ciencia

Posted by estudante on 8 marzo, 2017 in ciencias, Conmemoracións, Creación literaria, Poesía, Proxecto Documental |
Proxecto documental: Investigando, tolos pola ciencia - Día da muller
ACTIVIDADE do recuncho poético: Reescribe unha estrofa coa temática das mulleres científicas, tendo como guía o poema de Carmen Gil: Poemitas divertidos

Lucía, Irene, Pablo, Lúa, Sofía, Julio, Vidal, Icía, Saúl, Ainhoa, Candela, Jose Eligio e Fani.

A pantasma Flora
bióloga quere ser
non deixa nin unha espora
no laboratorio por ver

A química Antía
descobre e investiga,
estuda a enerxía
e mellora a nosa vida.

 

A enxeñeira Mar
un dron está a fabricar
para os incendios estudar,
predecir e controlar.

Un ás da tecnoloxía é Sol
Mesmo deseña un robot,
Un prototipo de ordenador,
un videoxogo ou un dron.

A señora chinchilla
estuda mediciña,
inventou unha pastilla
que ten sabor a piña.

A científica Pura
é a muller máis valerosa
anda buscar a cura
de enfermidades infecciosas.

A zoóloga Oliva
Loita contra a caza furtiva
A moitos animais en perigo
protexe, salvándolles a vida

A estudante Carlota
gústalle a astronomía,
o telescopio non solta
nin de noite nin de día.

Lucía, eco-química quere ser:
iluminar con vagalumes unha nación,
residuos perigosos, en enerxía converter
Crear combustibles ecolóxicos para avións.

A matemática Rita
Busca unha ecuación,
Que reducir lle permita
Os efectos da contaminación

Os problemas ambientais
quere resolver Asunción
evitar as catástrofes naturais
é a súa grande ambición.

 

Recuncho poético – máis actividades na plataforma Agueiro

 

Etiquetas: , ,

0

Máscara antigás disfrace Suvervivintes

Posted by estudante on 3 marzo, 2017 in Entroido, Plástica, Reciclaxe |
Maker-Facedora- Irene

Comparto con vós esta presentación cos pasos que seguín para facer a máscara antigás do meu disfrace.

Etiquetas:

0

Entroido 2017. Comedia pestitour

Posted by salial on 2 marzo, 2017 in Desenrolo sostible, Ecoloxía, Entroido, Proxecto Documental |
PDI - Investigando, tolos pola ciencia - Entroido

Tamén preparamos unha comedia, que non pode faltar na nosa celebración do Entroido, do mesmo xeito que se facía no carnaval de Mugares,  un dos máis famosos do concello.

Representamos esa Zona Cero de Toén, na que un grupo de rapaces promocionan un mundo tóxico, contaminado e cheirento: pestitour.com

Entroido17pestitour1Entroido17pestitour2orixinal: Campaña Greenpeace

Etiquetas:

0

Carta a nai Terra

Posted by salial on 2 marzo, 2017 in Desenrolo sostible, Ecoloxía, Entroido, Proxecto Documental |

Proxecto documental: Investigando, tolos pola ciencia 

Querido planeta terra:
Escribímosche esta carta para pedirche perdón polo noso comportamento antiecolóxico:
Producimos moito lixo, non reciclamos, descoidamos os ríos e os bosques, provocamos incendios, vivimos enganchados á tecnoloxía e consumimos moita enerxía.

Ti pola contra, agasállasnos cada día, con fermosos bosques, cheos de cores, un sol que brila e nos quenta, chuvia transparente que nos rega, animais que nos dan compaña e alimento.
Sabemos que es alguén esencial nas nosas vidas, e por iso nós, seremos os teus defensores, ímoste coidar, limpar e protexer sempre, conta con nós.

Sempre ao teu servizo,
a clase de sexto!!!

Etiquetas: ,

0

Entroido 2017. Os supervivintes de Toén

Posted by salial on 2 marzo, 2017 in Ecoloxía, Entroido, Festas Tradicionais, Reciclaxe, Teatro |
PDI - Investigando, tolos pola ciencia

No proxecto documental do centro, a nosa clase representa  o DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE. AS ENERXÍAS LIMPAS, por iso decidimos que os nosos disfraces representen o oposto. Nós seremos Os supervivintes da zona cero de Toén. Situádevos, nun futuro mooooi lonxano, se non vivimos con sentidiño e respectamos o contorno poderíamos estar vivindo nun planeta tóxico: 

Que vos parecen os nosos disfraces?

Etiquetas:

0

Entrega de premios do I Concurso muller e nena na ciencia

Posted by salial on 12 febrero, 2017 in ciencias, Concursos, Proxecto Documental |

muller cienciaBÚSCANSE CIENTÍFICAS

O sábado, 11 de febreiro, no Salón de Graos do edificio Politécnico do Campus de Ourense tivo lugar a entrega de premios do I Concurso de debuxo e redacción do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia e alí estivemos para acompañar aos gañadores.

Lúa Domínguez Grande– 2º premio, co  debuxo “Jane Goodall, unha defensora dos animais”.  
José Vidal González Gómez – 2º premio, coa redacción “Segue o rastro dos teus ancestros con Rebecca L. Cann” .
Sofía González Iglesias – 3º premio, coa redacción “Elena García e os robots camiñantes”.P1150387

Que é a nanociencia? A investigadora galega Verónica Salgueiriño deu unha charla moi interesante sobre nanotecnoloxía, coa axuda dunha presentación e cunha linguaxe moi sinxela aclarounos conceptos básicos do que significa traballar coas nanopartículas. 

“Ejemplo de mujer científica para los investigadores del futuro. La experta Verónica Salgueiriño habló sobre nanociencia a niños premiados en un concurso”. VOZ DE GALICIA. 

P1150371
A continuación, o vicerreitor do campus de Ourense da Universidade de Vigo, Virxilio Rodríguez e a investigadora Verónica Salgueiriño realizaron a entrega dos premios e animaron aos gañadores a cursar grados de ciencias no Campus de Ourense.

Foto dos gañadores// Faro de Vigo, Jesús Regal

                                                 Foto dos gañadores// Faro de Vigo, Jesús Regal

Faro de Vigo. Princesa no, mejor científica. Redacción Ourense

Princesa no, mejor científica. Redacción de Ourense do Faro de Vigo (12/feb/2017)

 

Etiquetas: ,

Copyright © 2011-2017 O Souto dos Laretas All rights reserved.
This site is using the Desk Mess Mirrored theme, v2.5, from BuyNowShop.com.