0

Os valores cidadáns na prensa diaria

Posted by salial on 11 marzo, 2012 in Cidadanía, Obradoiro Prensa |
Sabedes que dende o 12 ao 16 de marzo se celebra a 24.ª Semana da Prensa na Escola?
Non vos dou unha razón para ler o xornal, douvos 7 razóns:
1.Lendo o xornal aprenderedes a escribir e a expresarvos mellor.
2.Estaredes informados do que acontece ao voso redor e poderedes opinar sobre distintos temas.
3.Poderedes reflexionar sobre a actualidade, ser máis críticos e que non vos dean gato por lebre.
4.Saberedes de que falan os maiores, poderedes discutir con eles sobre temas importantes e, mesmo, levarlles a contraria!
5.O xornal será o voso mellor libro de texto: distinto cada día.
6.Converterase na vosa novela de aventuras favorita e irá con vós toda a vida.
7.E saberedes que poñen no cinema, na tele, o que se leva esta tempada, como vai a Liga… E moitas máis cousas que de seguro vos interesarán.
Proposta de actividades
Despregade o xornal sobre o pupitre e comezade a explorar o mundo.  Buscade noticias que doen ou pola contra, teñen a suavidade do vento ou a temperatura axeitada. Cada día deberedes elixir  unha noticia relacionada coa cidadanía, coa educación cívica: Non violencia, tolerancia, dereitos humanos, coñecemento científico, solidariedade, igualdade, saúde, o desarme, medio ambiente, ser cidadán….
Podedes comentar  noticias das diversas seccións, textos informativos e tamén publicitarios.
-Abride o xornal e buscade unha noticia que vos entre polos ollos (recordade  que ten  estar relacionada coa cidadanía).
– Comentádea no blog, facendo referencia á data de publicación, sección… podedes “linkala” á vosa entrada, para que os demáis a  poidamos ler.
– Debe responder ás preguntas onde, cando, quen, que, solucións…, opinión persoal.
– Posta en común.

Máis recursos en BLOGMAESTRO (Blog de maestros para maestros de Prensa Escuela)



Etiquetas: , , ,

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Copyright © 2011-2019 O Souto dos Laretas All rights reserved.
This site is using the Desk Mess Mirrored theme, v2.5, from BuyNowShop.com.