0

Viva A Pepa!

Posted by martico on 23 marzo, 2012 in Cidadanía |
Hoxe conmemóranse os 200 anos do nacemento da Constitución de 1812.
Haberá festa rachada en Cádiz, onde foi aprobada tal día coma hoxe. Algúns dos actos que están previstos son a celebración dun Pleno Institucional e Xurisdicional, con numerosos discursos e polas rúas da cidade andaluza haberá desfiles, bailes de época, exposicións…
O  19 de marzo de 1812  aprobouse  a Constitución, popularmente coñecida como “A Pepa”, que sentaría as bases da democracia no noso país e en Iberoamérica.
Por unha banda, o artigo 12 :a relixión da nación española é e será perpetuamente a Igrexa Católica Romana, prohíbese o exercicio de calquera outra) . 1º fallo— Negación da liberdade relixiosa .   Bueno polo menos suprímese a Inquisición.
Os dereitos dos cidadáns,  recoñecidos e facilitados polos dereitos burgueses individuais, importados daconstitución  Francesa.
O artigo 4 º fala da liberdade civil, propiedade e os dereitos lexítimos.  Déixase de ser servos para ser cidadáns. Por certo as mulleres e os negros non tiñan o privilexio de ser cidadáns.
Faltaba moito camiño por andar….
A constitución de 1812 foi a primeira Carta Magna española, onde se recollían principios como a liberdade, a igualdade ante a lei, dereitos individuais a liberdade de expresión, a soberanía nacional e a  separación de poderes (lexislativo, executivo e xudicial)
Foi a 3ª Constitución do mundo despois da de EE.UU e a de Francia. Foi un referente  (en vez de copiar da francesa, poderían haber copiado da americana, era máis progresista.)

Etiquetas: , , , , ,

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Copyright © 2011-2020 O Souto dos Laretas All rights reserved.
This site is using the Desk Mess Mirrored theme, v2.5, from BuyNowShop.com.