1

Avaliando a experiencia co Blog

Posted by salial on 7 junio, 2012 in Cidadanía |

CADERNO DE BITÁCORA DO CURSO

O Souto dos Laretas naceu en novembro de 2011. Ía ser un blog interdisciplinar de 3º ciclo de primaria, pero acabou sendo, a bitácora da clase de Cidadanía dos 10 alumn@s de 6º, sóbense mostras dos traballos desenvolvidos en Alternativa e colaboran tamén os rapaces de quinto nos proxectos que facemos conxuntamente no centro.
Dende o 1º momento tiña claro que me interesaba ter un blog de aula participativo. Partimos dun proxecto,cunhas actividades e links  e os alumnos achegan noticias, textos, comentarios, etc. O Blog ten publicadas 111 entradas a día de hoxe.
O uso do blog na aula posibilita a interacción mestre/alumnos que publican,  con toda a comunidade escolar e outros visitantes, lectores  habituais que, cos seus comentarios (27 neste intre), enriquecen e valoran unha determinada entrada. Esta interacción crea unha atmosfera de aprendizaxe , que fomenta o traballo individual e colaborativo así como o intercambio de información.
O blog é unha ferramenta que permite comunicarse cos alumnos de maneira permanente, podes actualizar unha entrada en calquera lugar.
Os alumnos aprenden a aprender, son autónomos e están motivados. Para subir unha entrada, teñen que investigar e seleccionar as fontes de información, planificar  e redactala sen esquecer o deseño e a maquetación acadando tamén,  unha maior competencia dixital (en numerosas ocasións aprendo eu dos seus coñecementos informáticos, aplicacións e ferramentas que eles empregan e que eu descoñecía).
Proxectos desenvolvidos ao longo deste curso na clase de Educación para a Cidadanía.

Tamén publicamos entradas que tiñan relación cos proxectos que se desenvolven no centro:
Ven ler. Gravamos un vídeo con motivo do día das bibliotecas escolares
Camiños de paz: Diversos traballos sobre o día da paz.
A miña experiencia no traballo cos Blogs é curta, pero considero que os alumnos participantes neste caderno dixital mostraron un notable interese polos proxectos propostos, segundo se pode ver nas numerosas  entradas. Desenvolveron  as súas competencias e, aínda que en diferente medida, adquiriron unha aprendizaxe significativa  a partir de todo o seu traballo.
Satisfacción por este recoñecemento ao noso traballo, agradecemento ao Programa Prensa-Escuela por este premio que nos enche de orgullo, ás familias por motivar e asesorar aos rapaces dende a casa e agradecemento a toda a comunidade educativa á que pertenzo por valorarnos e apoiarnos sempre.
Esquecidas están as horas dedicadas a actualización, corrección, deseño, maquetación, estudo, 2ª corrección, revisión…
Algunhas entradas reseñables:
Homes do Deserto. Unha viaxe arredor do planeta
Os valores cidadáns na prensa diaria – Con enlaces para facilitarlles a busca.
Volve a casa pola pensión
In Europe – Con enlaces oficiais con información veraz.
Ah!, tal vez vos sorprendan os meus comentarios en “inglés de principiante”, son unha estudante de 2º na EOI, e tamén aproveito para practicar e animar aos rapaces a que lle perdan o medo a usar un idioma estranxeiro en situacións informais, ás veces tamén me corrixen os rapaces. O dito a nosa aprendizaxe é en moitas ocasións horizontal.

Etiquetas:

1 Comment

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Copyright © 2011-2019 O Souto dos Laretas All rights reserved.
This site is using the Desk Mess Mirrored theme, v2.5, from BuyNowShop.com.