1

Os valores cidadáns nos Xogos

“Citius, altius, fortius” é o lema Olímpico. Está en latín e significa “Máis rápido, máis alto e máis forte”.

É unha invitación a dar o mellor dun mesmo pero non significa necesariamente ser o primeir@ en todo…, “o importante non é gañar, senón participar”.

Os Xogos Olímpicos e Paralímpicos de Londres acapararon a nosa atención durante este verán. O deporte mobiliza emocións e sentimentos, pero sobretodo, inflúe nas actitudes e nos comportamentos das persoas a través dos valores que transmite e que casualmente (mira ti por onde) coinciden cos valores educativos e cidadáns:

A superación

A igualdade

O respecto

A deportividade

A solidariedade

O compañerismo

O sentimento de formar parte dun equipo (que é bo para a integración)

A busca da excelencia

A adquisición de hábitos saudables

A Mesura na victoria e a perseverancia na derrota.

Estes son os elementos primordiais para alcanzar calquera obxectivo, non cres?

Reforzar as capacidades e as aptitudes para saber encarar e solucionar os problemas que xurdan a diario e vencer a tentación de renderse e abandoar á primeira de cambio.


En Agosto remataron os Xogos Olímpicos e Paralímpicos  London 2012 e non haberá xogos ata dentro de 4 anos. Brasil será a sede dos Xogos Olímpicos en 2016.
Ata alá queda moito…, e pode que a moitos de nós xa nos pille maiorciños… Sobre todo a mín que xa andarei polo decalustro (investigade un pouquiño, ja, ja). Así que non imos deixar pasar un día máis e …. Hoxe, quedan inaugurados os nosos xogos:

Con Efrén nos Xogos Olímpicos

1ª TAREFA:

Explica as 11 destrezas (skills) que “debe traer de serie” calquera deportista/estudante/traballador… e ilústraas cunha imaxe que creas que represente esa cualidade. Podes complementalas coas túas propias experiencias.

2ª TAREFA:

Escribe un relato que trate os valores humanos.

3ª TAREFA:

De xeito individual ou por parellas, busca e selecciona información sobre algún deporte que che guste. Deberedes entregar unha presentación.

Etiquetas: , , , ,

1 Comment

  • aguedagonzálezdegennaro dice:

    Ter uns hábitos de vida saudables
    Colaborar cos demais
    Ser respectuosos
    Ser humildes
    Ser uns bos compañeiros
    Non ser egoistas
    Esforzarse
    Perseguir os teus soños
    Aceptar retos, ti es capaz de conseguilo.
    Non rendirse, todo é posible.

    Para min, esos son as 11 “skills” que non só debe seguir un deportista, ou un traballador, senón que todos os cidadáns!!!!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Copyright © 2011-2019 O Souto dos Laretas All rights reserved.
This site is using the Desk Mess Mirrored theme, v2.5, from BuyNowShop.com.