Volta ao cole
Ola laretas! Eu paseino xenial no verán, pero tamén tiña moitas ganas de voltar ao cole; de ver aos meus compañeir@s, @s profes… pero sobre todo estaba desexando comezar o curso axeitadamente.
Como a maioría xa sabedes, a min góstame moito a música e estudo no Conservatorio. Esta fin de semana presenteime a unha audición de nivel na Coruña, para seguir formando parte da Orquestra Sinfónica de Galicia na que xa levo un ano. Pasei moitos nervios, pero foi unha experiencia enriquecedora.
Aínda non sei se me collerán… xa vos contarei. Como vedes, cando algo che gusta moito, tes que esforzarte, e loitar por esa ilusión. Por iso vos animo a que vós persigades a vosa, que seguro que tendes algunha. Porque, como di o refrán:
“EL QUE LA SIGUE, LA CONSIGUE”
Moita sorte María!