1

Que tal, laretas?

Posted by mariademelo on 3 octubre, 2012 in Tempo de lecer |

Que tal pasastes o verán laretas? Eu moi ben, lendo, indo a piscina…

Agora que xa empecei as clases teño pouco tempo para estar co ordenador xa que na ESO mandan moitos deberes… Pero non vos preocupedes, porque non é tan difícil como parece dende fóra, polo menos ó principio. Eso si,  non vos relaxedes porque pódenvos poñer exames sen avisar.

E vós que tal o curso? E o verán? Que fixestes? Eu por exempo acabei de ler a saga “”Crepúsculo”. Xa sei que vos preguntaredes por que vos bombardeo con tantas preguntas pero e que  vos boto de menos xa que aínda que faga amigos neste cole non serán coma vós porque eu crecín convosco, así que non se pode comparar estes amigos con vós e niso refírome a profesores e alumnos.

Bueno laretas espero que vos vaia ben neste curso e escribídeme por e-mail. Espero que algún día vos poda ir visitar. A estudaaaaar e por suposto dous bicos.

Nós tamén te botamos de menos, pero temos a seguridade de que che irá ben nesta nova etapa que comezas. Xa sabes que aquí sempre terás bos amig@s.

Etiquetas:

1 Comment

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Copyright © 2011-2019 O Souto dos Laretas All rights reserved.
This site is using the Desk Mess Mirrored theme, v2.5, from BuyNowShop.com.