0

8 de marzo, Día Internacional da Muller

Posted by mariaro on 9 marzo, 2013 in Obradoiro Prensa |

RPP noticias Vida y Estilo

Perú, Xoves, 7 de marzo de 2013

Artistas fan un mural polo Día Internacional da Muller

Nun mundo onde se adoita asociar o grifiti co masculino e trasguesor, un grupo de mulleres nacionais e estranxeiras, provistas de aerosois, esténcils e outras pinturas, están a pintar un mural en pleno Centro de Lima en honor ás mulleres. Acto que forma parte das actividades do Quinto Festival “Nós Estamos na rúa”.

“Queremos contar a historia das mulleres para que todos saiban que moitas mulleres están a pasalo mal”, manifestou Sharon de la Cruz, unha estadounidense que non quixo perderse este evento.

Entre as participantes atópase a estadounidense María Castillo, quen realizou unha serie de murais en varios encontros de mulleres. “Imos pintar unha muller indíxena no mural. Este debuxo é para representar a muller, a identidade e a natureza”, indicou.
Unha das representantes peruana é Michelle Aliana, unha xoven de 22 anos que desde 2006 está rodeada de aerosoles. “O deseño que vou plasmar neste lugar é un híbrido, unha mestura entre animal e persoa”, expresou.
Unha vez rematado este grafiti, as artistas trasladaranse ao Centro Cultural de España, onde realizarán un mural na fachada, entre os días 8 e 9 de marzo.

Cando vos pedín que comentarades e/ou reescribirades noticias, pensei que entendérades o obxectivo.

O día da muller, é unha conmemoración que pretende recordar á sociedade que aínda hai moitas mulleres sen dereitos, que soportan inxustizas só pola súa condición de ser mulleres. Intenta ser máis crítica e esixente cos teus traballos de clase. A profe

Etiquetas: , ,

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Copyright © 2011-2019 O Souto dos Laretas All rights reserved.
This site is using the Desk Mess Mirrored theme, v2.5, from BuyNowShop.com.