0

Día internacional da muller traballadora

Posted by davidmv on 9 marzo, 2013 in Conmemoracións, Obradoiro Prensa |

Din que a muller é débil. Falso! A muller é tan forte coma o home, se non máis forte ca el. Sóren Aabye Kierkegaard, filósofo danés

Galicia 24 horas.es

HOMENAXE A ROSALÍA O VENRES, NO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

embedded by Embedded Video

Co lema “SEN MULLERES NON HAI GALICIA”, a Xunta conmemora o Día Día Internacional da Muller.

O Acto que se celebrará o día 8 de marzo, na Casa Museo de Rosalía de Castro terá como protagonista a escritora padronesa, «grande defensora dos dereitos das mulleres” e “traballadora a favor da cultura galega” segundo afirma Susana López Abella, secretaria xeral de Igualdade.

Ao mesmo tempo tamén se conmemora o 150 aniversario da publicación do libro Cantares Gallegos.

Esta campaña de sensibilización sobre a relevancia da muller difundirase a través de 3000 carteis e das redes socias.

 Susana López Abella asegurou que a Xunta, está por “apoiar a conciliación” e que nesta época de crise a Administración traballa pola creación de prazas para nenos e persoas dependendes, así como en en programas de formación e na priorización do acceso ao traballo das mulleres para loitar contra as desigualdades.

Ante os comenarios sexistas dalgúns políticos, a secretaria xeral da igualdade afirmou que “o labor profesional de calquera representante público xúlgase polos seus resultados, non pola súa condición”.

Etiquetas: , , ,

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Copyright © 2011-2019 O Souto dos Laretas All rights reserved.
This site is using the Desk Mess Mirrored theme, v2.5, from BuyNowShop.com.