0

Día internacional da Muller: Máis de 60 millóns de nenas cásanse antes dos 18 anos

Posted by estelaraujolorenzo on 10 marzo, 2013 in Cidadanía, Conmemoracións, Valores |

La Voz de Galicia.es

Redacción 08 de marzo de 2013

O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER=DÍA DA MULLER=DÍA DA MULLER TRABALLADORA é unha xornada que se celebra en todo o mundo e que reivindica a loita pola iguadade, a xustiza e o desenvolvemento das mulleres.

https://twitter.com/ONUMujeres“Non hai lugar no século XXI para a discriminación e a violencia contra mulleres e nenas” , asegura Michelle Bachelet, Directora Executiva de ONU Mulleres. Pero a día de hoxe, os datos que se recollen son desmoralizadores e evidencian que nos queda moito camiño por percorrer:

-Ata o 50 % das agresións sexuais cométense contra nenas menores de 16 anos.

-603 millóns de mulleres viven en países onde a violencia doméstica non se considera un delito.

-Ata o 70 % das mulleres aseguran ter sufrido unha experiencia física ou sexual violenta nalgún momento da súa vida.

-Máis de 60 millóns de nenas son noivas e casan antes dos 18 anos.

A ONU fai un chamamento aos gobernos de todo o mundo para que se COMPROMETAN e negocien unhas actuacións concretas destinadas a previr este tipo de violencia.  41 Gobernos xa se comprometeron, promovendo leis e estratexias nacionais máis severas nos casos de violencia, impulsando campañas orientadas aos mozos así como formar aos funcionari@s para que saiban detectar casos de violencia e aumentar os servizos públicos tales como os refuxios.

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

A ONU celebra hoxe o Día Internacional da Muller presentando a canción de One Woman, onde homes e mulleres se unen para lanzar unha mensaxe de UNIDADE E SOLIDARIEDADE.

BO TRABALLO!, ESTELA

 

Etiquetas: , ,

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Copyright © 2011-2019 O Souto dos Laretas All rights reserved.
This site is using the Desk Mess Mirrored theme, v2.5, from BuyNowShop.com.