0

Igualdade real

Posted by estelaraujolorenzo on 12 marzo, 2013 in Cidadanía, Conmemoracións, Valores |

As mulleres españolas reclaman sen victimismo unha igualdade real.

08.03.2013 – 07:27h

Fonte: 20 Minutos

 A crise trae máis precariedade ás mulleres e o seu paro duplícase en 5 anos, pasando  dun 10,9% a un 22,2% segundo a UXT.

As mulleres do século XXI non se sinten víctimas, pero tampouco iguais. Están convencidas de que xa poñen todo da súa parte para que a sociedade sexa igualitaria. Incorporáronse ao mundo laboral e educan aos seus fillos fuxindo de roles. 

Por todo isto, esixen cambios lexislativos que garanticen a conciliación, políticas de igualdade eficaces e reais e unha educación sen roles.

Notan a falta de servizos sociais, de becas de comedor ou de axudas á dependencia. Son elas as que con máis frecuencia obteñen contratos temporais e subcontratas con cotizacións inferiores, o que conleva maior pobreza.

A parte positiva e alentadora e que moitas recoñecen que cando miran ao seu entorno máis próximo, a maioría,  encontra xefes máis sensibles que os de antes coa súa realidade familiar e maridos máis activos no reparto de tarefas. Pero entonces  considéranse unhas “afortunadas”

Etiquetas: ,

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Copyright © 2011-2019 O Souto dos Laretas All rights reserved.
This site is using the Desk Mess Mirrored theme, v2.5, from BuyNowShop.com.