0

Non se ama o que non se coñece

Posted by salial on 27 abril, 2013 in As nosas raíces, Conmemoracións, Investigación |

Cada 17 de maio os galegos festexamos o día das nosas Letras, pero tamén da nosa cultura, tradicións e raíces.

Gustaríame que vos sentísedes fachendosos do que posuídes, pero sei que para estar orgullos@ de algo ou de alguén, primeiro hai que coñecelo ben por iso vos propoño para este mes unha nova actividade:

Tedes que saber que a celebración das Letras Galegas foi instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para conmemorar o centenario da publicación do libro de Rosalía de Castro ” Cantares Gallegos”, homenaxeando a algún escritor ou escritora en lingua galega. Este ano a RAG dedica o día das Letras Galegas a Roberto Vidal Bolaño, autor, actor, director e produtor teatral.

Tarefas

TRABALLO INDIVIDUAL:

rvbolano_2001- Teredes que facer unha pescuda sobre Roberto Vidal Bolaño e publicaredes unha entrada onde escribiredes unha breve biografía, nomeando algunha das súas obras. Teredes que inserir 1 imaxe.

2-Como vimos de participar no Obradoiro de Xogos Populares e xa sei que estades a practicar algúns deles, facede unha entrada coas normas dun xogo popular e incluíde algunha foto.

TRABALLO EN GRUPOS de 4 alumn@s

3-Elaboración dunha liña de tempo colocando nela, os principais acontecementos dende o nacemento do autor ata o seu falecemento. Deberedes entregala en Papel.

4-Aprender nomes das personalidades máis destacadas da cultura do concello, identificando os personaxes de relevancia de Toén.

Iremos máis alá, é por iso buscaredes información sobre Juan Antonio Saco e Arce, quen era, por que o noso cole leva o seu nome? Nunha entrada escribiredes os resultados da vosa investigación.

5-Teredes que fotografiar os monumentos do voso pobo e/ou arredores e aportar información sobre eles.

6-Cada un aportará o nome, data… da festa que se celebre no seu pobo e con todas faremos unha relación de festas tradicionais do concello.

7-Participar na preparación e desenrolo da festa das Letras Galegas

8- A presencia do galego nas artes escénicas, traballarémolo en Alternativadivertida.

Se coñeces moitas cousas da túa localidade, saberás darlle o valor que teñen e respectalas asumindo a responsabilidade que supón a súa conservación e mellora.

Enlaces de interese:

Real Academia Galega

Letras galegas recursos

Concello de Toén

Revista Cataventos 2011. Revista escolar do Ceip Saco e Arce. Para saber máis de J.A. Saco e Arce. Os nosos pobos – Alongos

Faro de Vigo, sobre RVB

Roberto Vidal Bolaño, actor, director e escritor

Etiquetas: , ,

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Copyright © 2011-2019 O Souto dos Laretas All rights reserved.
This site is using the Desk Mess Mirrored theme, v2.5, from BuyNowShop.com.