0

Os meus xogos tradicionais favoritos

Posted by malvarezcastro on 9 mayo, 2013 in + E mellor Actividade Física, Tempo de lecer, Xogos populares |

Xogos tradicionais galegos

Os meus xogos favoritos son os zancos e o peón

Os zancos é un xogo de habilidade e equilibrio.

Precísanse uns zancos que son dous paus dereitos, cun taco ancho de madeira na parte de abaixo onde se colocan os pés. O tamaño do zanco varía sengundo a estatura do xogador.

Antigamente os rapaces  construíanse os seus propios zancos, ían ao monte a cortar dúas polas de carballo ás que lles deixaban unhas gallas na parte de abaixo para colocar os pés.

Como e onde se xoga?

O xogo consiste en facer carreiras cos zancos ser caer en lugares abertos, polas rúas do pobo.

O meu avó conta que cando éra mozo, os máis valentes metíanse nos charcos profundos subidos nos zancos, o que perdía levaba unha boa molladura.

 O Peón:

O peón, trompo ou buxaina é un xoguete feito de madeira torneada, cun cravo de ferro na punta, sobre o que xira.

Precísase un peón e un cordón.

Como e onde se xoga?

Xógase nunha superficie chan e lisa.

-Ao cordón ou baraza fáiselle un nó nun extremo e polo outro lado átase arredor do dedo anular.

-Primeiro hai que porlle a capa ao peón, é dicir, enrolarlle o cordón arredor. Hai varios xeitos de vestir o peón, a nós Sali ensinounos a vestilo pola punta. Colocas o nó do cordón a carón da punta e dende aí vas envolvendo pasando por riba do nó para que quede ben apretado.

-Cando xa o tés vestido tés que lanzalo cara o chan, tamén hai varias maneiras de lanzalo:

Tirando do cordón cara atrás coma se acendeses un motor.

Lanzándoo dende arriba, coma se tirases unha pedra.

-E por último deixalo bailar/xirar.

Hai moitísimos xogos que se poden facer con el, mirar a ver que peón tarda máis en pararse, lanzar o peón cotra os peóns que están bailando para que deixen de bailar, poñelo a bailar na palma da man ou en equilibrio no cordón…

Etiquetas: , , ,

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Copyright © 2011-2019 O Souto dos Laretas All rights reserved.
This site is using the Desk Mess Mirrored theme, v2.5, from BuyNowShop.com.