0

AS TABAS

XOGOS TRADICIONAIS

O xoves Lito, Vero e Silvia visitaron o noso cole para xogar con nós ás tabas, un xogo popular moi coñecido en Galicia.

AS TABAS

Tamén chamadas astrágalos, pero, se os metes na boca, has tragalos!

Materiais: Para xogar empréganse cinco ósos dos nocellos de calquera animal herbívoro (ovellas, cabalos, vacas…) Tamén se pode xogar con pedras de río ou noces.

Número de xogadores: Pódese xogar dende un xogador ata os que se queira.

Tempo aproximado: Depende da práctica que teñas (a Lito levoulle medio minuto e a nós media hora).

Forma das tabas: As tabas teñen catro lados:

1-A ponte- É a parte de enriba, e chámaselle así porque ten un pequeno burato na súa superficie.

2-O bosque- É a parte de enbaixo. É totalmente plana.

3-O oito- Presenta un oco ou zona cóncava.

4-A serpe- Ten un pico que lle sobresae dun dos seus extremos, que é a cabeza da serpe.

Execución: Un xogador comeza. Colle unha das cinco tabas cunha man e as outras catro coa outra, e tira as catro ao chan, de maneira que queden dispersadas, pero preto unhas doutras. Coa outra man (na que ten a quinta) debe lanzar a taba que ten na man e, mentres está no aire, coller unha do chan e recoller a que estaba no aire antes de que caia. Isto sería xogar a primeiras. A segundas faise o mesmo, só que, en vez de coller unha soa taba do chan mentres a outra está no aire, cóllense dúas. A terceiras, tres, e a cuartas, catro.

Etiquetas: , , ,

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Copyright © 2011-2019 O Souto dos Laretas All rights reserved.
This site is using the Desk Mess Mirrored theme, v2.5, from BuyNowShop.com.