0

Vidal Bolaño, protagoniza o día das Letras Galegas

Posted by mariaro on 16 mayo, 2013 in As nosas raíces, Conmemoracións, Investigación |

Roberto Vidal Bolaño naceu en Santiago de Compostela no ano 1950 e morreu nesta mesma cidade no ano 2002.

Foi  autor, dramaturgo e autor galego de grande relevancia para as nosas letras.

Traballou como empregado de banca, pero a súa paixón sempre foi o teatro.

En 1974 fundou o Grupo Antroido e con el, acudiu ás Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia, onde se deu a coñecer como dramaturgo e escenógrafo.

 Foi despedido do banco no que traballaba no ano 1977. Isto permitiulle dedicarse de cheo ao teatro. Foi entón cando converteu o Grupo Antroido na primeira compañía teatral galega. No ano 2001 representou co Centro Dramático Galego a obra Rosalía, que Ramón Otero Pedrayo escribira no ano 1958.

A súa obra é moi extensa:

  • Teatro

Lucifer e Belcebú nun dos lances de TOUPORROUTOU DA LÚA E DO SOL

Entre as súas obras teatrais destacan Laudamuco, o Señor de Ningures (1976, Pico Sacro) e mais Bailadela da Morte Ditosa (1980, 1992, Sotelo Blanco)

Touporroutou da Lúa e do Sol

Romance dos Figos de ouro e Ruada das papas e do unto.

Cabe mencionar a triloxía AnxeliñosAnimaliños Criaturas

  • Ensaios

Entre os que se atopa Perspectivas do teatro galego actual (2002).

Ao longo da súa carreira recibe varios premios, en recoñecemento  ao seu traballo.  O 17 de maio de 2013, a Real Academia Galega dedícalle o día das Letras Galegas.

Etiquetas: ,

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Copyright © 2011-2019 O Souto dos Laretas All rights reserved.
This site is using the Desk Mess Mirrored theme, v2.5, from BuyNowShop.com.