0

Roberto Vidal Bolaño, unha vida entregada ao teatro

Posted by fermincruz on 17 mayo, 2013 in Conmemoracións, Investigación |

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ocioycultura/2013/05/13/home-escribiu/0003_201305G13P27992.htmRoberto Vidal Bolaño foi un dos dramaturgos máis importantes de Europa. Naceu en Santiago de Compostela o 31 de xullo do 1950 coincidindo co remate das festas do Apóstolo.

Sendo só un adolescente traballou primeiro como administrativo nunha empresa de recambios de coches, traballará tamén nunha axencia de viaxes, nun almacén de colonias e dos vintecatro aos vintesete anos,   nunha entidade bancaria.

Estuda no instituto Xelmírez polo nocturno. A súa paixón sempre foi o cine así que sacou o título de bachiller para matricularse na Escola Oficial de Cine de Madrid, pero a Escola pecha e RVB terá que continuar a súa formación literaria e artística de xeito autodidacta,  a base de ver moitas películas e de recibir clases.

A partir dos vintesete  anos dedícase profesionalmente ao teatro. Crea O Grupo Antroido, a primeira compañia profesional  de teatro en galego,  realizando múltiples funciónsempresario, pintor, iluminador, electricista, actor, autor...

Levou aos escenarios  relatos de escritores galegos como Fole ou Blanco Amor. Recibiu numerosos premios pola súa obra teatral: O Premio Abrente, O Premio Cunqueiro, Rafael Dieste, Eixo Atlántico, Tirso de Molina,…

No ano 1991 creou  e dirixiu a compañía Teatro do Aquí, coa que seguíu representando as súas propias obras.

Faleceu no ano 2002 en Santiago de Compostela e foi soterrado no Panteón de Galegos Ilustres.

Etiquetas: ,

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Copyright © 2011-2019 O Souto dos Laretas All rights reserved.
This site is using the Desk Mess Mirrored theme, v2.5, from BuyNowShop.com.