0

Vidal Bolaño en Toén

Posted by salial on 17 mayo, 2013 in Conmemoracións |

Esta Biografía colectiva de RVB, foi gravada por todos nós o día do festival das Letras Galegas, tedes que disculpar o ruído de fondo, pero é que estabamos de celebración:

embedded by Embedded Video

María D– Roberto Vidal Bolaño foi o escritor que máis fixo polo teatro galego.
María R- E por iso se lle dedica este ano, o día das Letras Galegas.
María A- Naceu en Santiago en 1950.
Águeda-  Estudou sempre en Santiago, e como a nós, encantáballe xogar ao fútbol, pero como era moi alto acabou xogando ao baloncesto.
Estela- Preparouse para ser auxiliar administrativo  pero o seu soño sempre foi estudar cine.
Lucía- A súa 1ª obra de teatro, escribiuna aos 15 anos, e foi representada nunha escola de Marín.
Estela- Nos anos 70 crea un grupo de teatro con outros compañeiros.
Lucía- Os ourensáns debémoslle moito xa que promoveu e participou activamente nas mostras de teatro de Ribadavia.

                           ROBERTO VIDAL BOLAÑO EN 1ª PERSOA
Rodrigo- Perdín o meu traballo e comecei a ir de pobo en pobo representando, coa miña compañía teatral, as miñas obras.
Lucía- Dende 1985 fixen dobraxes, anuncios para a Televisión e participei en series como Mareas Vivas da TVG. Actuei nos filmes Sempre Xonxa e a Lingua das Bolboretas.
Estela- Toda a miña produción caracterízase polo compromiso co País e coa lingua, todo dito con humor, retranca e un chisco de ironía.
Brayan- O mundo rural, as crenzas e as tradicións populares, foron sempre a miña inspiración
Iulián- Escribín para o público máis novo obras como: “Romance dos figos de Ouro”, “Touporroutou da lúa e do sol” e “Ruada das papas e do unto”
David- “Os papalagui”, “Sen ir máis lonxe” e a triloxía: “Anxeliños”, “Animaliños” e “Criaturas”; son algunhas das miñas obras escritas para maiores.
Yesi- Ao longo da miña carreira como dramaturgo, recibín moitos premios e recoñecementos: o premio Abrente, O Facho, O premio Álvaro Cunqueiro, o Max de teatro e moitos máis.
María D- Roberto Vidal Bolaño, falece en Santiago en 2002, tras 2 anos de enfermidade.

Etiquetas: ,

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Copyright © 2011-2019 O Souto dos Laretas All rights reserved.
This site is using the Desk Mess Mirrored theme, v2.5, from BuyNowShop.com.