0

O mundo é grande

Posted by salial on 30 enero, 2014 in Música, Paz |

Esta é a nosa versión da canción de Mamá Cabra, para cantar o día da Paz a ritmo de latucada. Reescribímola adaptada ao noso proxecto:

A Volta ao Mundo con Efrén.

Cada clase representa a un país:

EI 3 anos – España

EI 4 anos – Francia

EI 5 anos – Exipto

1º EP – Alemaña

2º EP – Australia

3º e 4º EP – Brasil

5º EP – India

6ºEP – Xapón

Así pois na canción aparecen estes países e o seu saúdo.

O MUNDO É GRANDE

1 – O mundo é grande como saberás

e somos tantos quen nos contará?

cen mil maneiras de falar,

cen mil maneiras de cantar.

2- E neste mundo o mesmo Sol

Danos a vida, e danos calor

os ventos sopran sen parar

sexas da India ou Alemán.

3- E na túa lingua falarás Hello, bonjour, guten tag

Hola, Salaam, namaste, boas e konichi wa

4- O mundo é grande xa cho dixen xa

e ser distintos e “diversidá”

Dende Xapón ata Brasil

distintas razas ti verás.

5- O mundo é grande, Ti mesmo o verás

ser diferentes non é “casualidá”

distinto pelo, distinta cor

os mesmos soños, mesmo amor.

6- O mundo é grande como saberás

Moitos países para visitar

Australia, Francia e Portugal,

Exipto, España e moitos máis.

Etiquetas:

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Copyright © 2011-2019 O Souto dos Laretas All rights reserved.
This site is using the Desk Mess Mirrored theme, v2.5, from BuyNowShop.com.