0

Rock sen guerra a ritmo de latucada

Posted by salial on 1 febrero, 2014 in Música, Paz |

Na clase de música escribimos este poema de Paz e terminou por converterse no himno do cole.
Cantámolo acompañado con percusión a ritmo da canción We will rock you de Queen.

É unha canción que medra por estas datas, xa que lle imos engadindo unha estrofa adaptada ao proxecto de cada ano. O proxecto interdisciplinar que estamos desenvolvendo é A VOLTA AO MUNDO CON EFRÉN e así soa a ritmo de latucada.

Rock sen guerra

 

Estamos en contra da violencia

xuntos dicímolo a VIVA VOZ

está nas túas mans, voucho a explicar

calquer conflito se pode arranxar:

Ponlle freo á guerra

A Paz é a meta.

Únete ao club da AMIZADE, 

so necesitas boa vontade. 

Xa o di Efrén Ponte a entrenar.

Hoxe é o día imos gañar.

É a túa carreira

Ti non te deteñas.

Xuntos podemos, ti bota unha man

cousas pequenas, grandes obras fan.

Da un paso ao fronte non o penses máis

a vida no planeta imos mellorar.

É a túa carreira

Ti non te deteñas

Un mundo de cores Imos conseguir

Pintado a acuarela Que non sexa gris

No arco da vella súbete amigo

Non te pares A PAZ é o camiño

Ponlle freo á guerra

ti non te deteñas

A nosa viaxe vai comezar

Unha volta ao mundo imos dar.

Enche a maleta de ilusión e paz

Súbete a bordo vai ser xenial!

Segue o ritmo e canta.

Ven a dar a lata

Etiquetas:

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Copyright © 2011-2019 O Souto dos Laretas All rights reserved.
This site is using the Desk Mess Mirrored theme, v2.5, from BuyNowShop.com.