0

O Caldeiro do Lixo: O Contedor amarelo

Posted by rafasousa on 4 noviembre, 2014 in Consumo, Desenrolo sostible, Ecoloxía, Reciclaxe |

Que botamos no contedor  amarelo?

  • Envases e Envoltorios de Plástico: bolsas, botellas, garrafas, tarrinas, envases de iogur, envoltorios varios (pasteis, bolsas patacas fritas, chips, papel celofán,etc.), bandexas de porespán, tubos de dentífrico de plástico, tapóns, etc.
  • Envases e Envoltorios de Metal: latas de conserva, latas de bebida, tubos de cremas, tarrinas de aluminio, papel de aluminio (que non estea sucio), etc.
  • Envases de Tetrabrik: de leite, zume,  etc.

Nunca depositaremos nin papel, nin cartón, nin vidro nin basura.

Materias primas que se empregan e posibilidades de reciclaxe

Estes envases van aos centros de reciclaxe para ser transformados en novos produtos

Para fabricar unha tonelada de plásticos necesitamos utilizar diferentes compoñentes químicos que proveñen de 1.500 kilos de petróleo. Cando reciclamos 1.000 kilos de envases de plástico estamos aforrando petróleo. Tamén aforramos materias primas, auga e enerxía.

Co aluminio reciclado dunha lata de refresco fabrícase outra nova.

Que podemos facer nós?

Compra produtos que teñan menos envoltorios. Elixe paquetes familiares.

Reutiliza as cousas en lugar de tiralas. Por exemplo, garda as bolsas do súper e volve a usalas para ir á compra ou para tirar o lixo.

Compra refrescos con envases reciclables.

Fontes consultadas 

ecoembes

Etiquetas: , ,

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Copyright © 2011-2020 O Souto dos Laretas All rights reserved.
This site is using the Desk Mess Mirrored theme, v2.5, from BuyNowShop.com.