0

Xogando e reciclando

Posted by rafasousa on 19 abril, 2015 in Ecoloxía, Reciclaxe |

O 17 de abril, viñeron a darnos unha charla dous asesores de Sogama. Explicáronnos todo o proceso da reciclaxe: o que se bota en cada contedor, como é o proceso que segue o lixo na súa reciclaxe e tamén nos deron algúns eco-consellos.

A reciclaxe consiste en separar, reutilizar e reciclar que non é o mesmo que a regla das 3 R.

Separar é dividir.

Reutilizar é volver a usar sen cambiar a forma totalmente

Reciclar é transformar os obxectos noutros.

Nós na casa podemos separar, reutilizar pero a verdade é que nós non reciclamos, a reciclaxe ten lugar en  lugares especiais ou plantas de tratamento ou reciclado.

Hai varios contedores:

  • O contedor amarelo> tiranse os envases lixeiros. Chamamos envase a todo o que contén algo cando o compramos.
  • O contedor azul -> tírase o cartón e o papel.
  • O contedor verde ou iglú -> tírase os envases de vidro.20150417_131548
  • O contedor gris ou o xenérico -> tíranse os restos de comida, panos dos mocos ou con graxa, cepillos dos dentes, as bombillas de filamento, e todo o  refugallo pequeno que non é tóxico nin eléctrico.
  • No punto limpo -> Os corpos voluminosos (camas, armarios), restos de podas, electrodomésticos, ordenadores e material tóxico. . .
  • Contedores especiais ->para o aceite e para as pilas.

Hai sinxelas formas de reducir a cantidade de lixo que producimos, por exemplo, cos restos de comida, podemos alimentar ás nosas mascotas ou usalos para facer compost.

Ao final da clase, fixemos un xogo de dous grupos e entregáronnos uns agasallos.

Etiquetas: , ,

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Copyright © 2011-2020 O Souto dos Laretas All rights reserved.
This site is using the Desk Mess Mirrored theme, v2.5, from BuyNowShop.com.