0

PEQUENOS FEITOS PARA UN MUNDO MELLOR

Posted by braispazos on 20 abril, 2015 in Desenrolo sostible, Ecoloxía, Reciclaxe |

Hoxe viñeron a visitarnos ao colexio de Toén, Alejandro e Iago, dous traballadores da empresa de SOGAMA. Explicáronnos a importancia que ten que todos os cidadáns coñezan e sigan a regra das 3R, e dicir, que saiban reducir, reutilizar e reciclar; e ademais que separen o lixo e o depositen no seu respectivo contedor.

Dixéronnos que Sogama xestionaba unha gran parte dos residuos que xeramos os galegos, no concello de Toén, Sogama está presente.

Mediante diapositivas mostráronnos os residuos que van en cada contedor.graf1
• Os envases. Protexen o produto, facilitan o transporte, ofrecen información e axúdannos a diferenciar uns produtos doutros.                                                            Tipos de envases


Sin título-1

Déronlle moita importancia á reciclaxe e á recollida de residuos como os aceites, para os cales hai depósitos ubicados en lugares estratéxicos de cada concello.
Para a reciclaxe e recollida de pilas hai contedores específicos nos centros e institucións públicas como: colexios, concellos, centros médicos…
As pilas son envases, pequenos almacéns de enerxía eléctrica.
Tipos de pilas.
• De botón – é a mais contaminante
• Salinas a alcalinas- prismáticas
• Acumuladores domésticos- dispositivos recargables
Lámpadas.
Hainas de baixo consumo e alto consumo, as lámpadas de filamentos son as únicas que se poden botar no xenérico; e as barras fluorescentes e as lámpadas de baixo consumo irán ao punto limpo.
Tamén tiveron tempo para falarnos sobre o que facer coas mondas das froitas, pequenos restos de cartón e papeis sen ningún colorante, todo isto podemos botalo nun composteiro e así xerar un bo fertilizante para que as nosas plantas e verduras medren sas e fortes.
E por último pero non menos importante, os residuos voluminosos e os RAEES (Residuos e aparatos eléctricos e electrónicos) que se deben levar sempre ao Punto Limpo mais cercano.
Ao rematar a charla, estabamos máis concienciados coa separación do lixo.

Etiquetas: ,

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Copyright © 2011-2020 O Souto dos Laretas All rights reserved.
This site is using the Desk Mess Mirrored theme, v2.5, from BuyNowShop.com.