0

Reconciliación entre dous castros inimigos

Posted by hugogallego on 29 enero, 2016 in Banda Deseñada, Barbanzóns, Castrexos, Paz, webquest |

O castro de Toenius trata de enganar a outro castro veciño, declarándolle a guerra e cando estes chegan ao seu castro, dispostos a guerrear, demóstranlle que é mellor vivir en Paz.

O castro de Toenius e o de Laredo sempre viviran enfrontados entre eles.

Os castrexos de Toenius, fartos de tanto combate, decidiron por unanimidade que non querían conquistar nin ser conquistados, que xa estaban fartos de guerras, polo que argallaron un plan para que o clan de Laredo abandoase esas ansias de loitar.
O seu plan consistía en enganar aos castrexos veciños, dicíndolle que habería guerra, e cando estivesen os dous castros xuntos facer unha festa de amizade.

Cando chegou o día acordado os de Laredo viñan decididos a combater pero o que se encontraron pillounos por sorpresa… os de Toenius tiñan preparados agasallos para eles: teas, pendentes, peixe recén chegado da ría de Vigus, xabarín ao espeto… Tamén tiñan organizada unha festa castrexa con xogos e competicións de forza.
Os habitantes do Castro de Laredo, sorprendidos, aceptaron a invitación e así os dous castros formaron un só, forte e unido. Xuntos ningún outro castro os conquistaría e así viviron en harmonía durante séculos.

Proxecto Vivamos como barbanzóns. Actividade: Noticia Reporteiros Castrexos a favor da Paz

Etiquetas: , , ,

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Copyright © 2011-2019 O Souto dos Laretas All rights reserved.
This site is using the Desk Mess Mirrored theme, v2.5, from BuyNowShop.com.