0

Bo entendemento entre castrexos

Posted by hugohervella on 29 enero, 2016 in Barbanzóns, Castrexos, Paz, Proxecto Documental, webquest |

Barbanzóns e toenienses asinan a paz  tras un longo enfrontamento.

As dúas tribos non queren pelexar máis. Salgadinha e Con acordan non facer máis guerras. “Foi unha  guerra moi dura e moi longa, destruíuse un anaco do castro de Toenius e en Baroña houbo moitos feridos” afirmaba o xefe barbanzón.

Hoxe en día, estase reconstruíndo e os feridos estanse a recuperar grazas aos coñecementos do Druída Huu´g, coñecedor de todas as plantas, remedios e apócemas.

Toenienses e Baroñeses comerciando

Toenienses e Barbanzóns comerciando

Tras asinar o acordo de Paz, os dous clans acordaron manter o comercio de troco de produtos entre eles. A Toenius chegarán, dende a costa, peixes, mariscos e sal; metres que Toenius enviará carnes de porco bravo, ovella, patacas e viño.

Toenius visitará aos seus aliados no Solsticio de Verán, disfrutarán xuntos das Cacharelas á carón do mar e saltarán as ondas da praia de Baroña mentres que os da Costa viaxarán ata Toenius no Equinoccio de Outono para a recollida da castaña, saborear a uva e preparar o viño novo.

Para estes pobos castrexos este é o acordo máis importante da Prehistoria.

Proxecto Vivamos como barbanzóns. Actividade: Noticia Reporteiros Castrexos a favor da Paz

Etiquetas: , , ,

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Copyright © 2011-2019 O Souto dos Laretas All rights reserved.
This site is using the Desk Mess Mirrored theme, v2.5, from BuyNowShop.com.