0

Noticias castrexas

Posted by aroarivera on 30 enero, 2016 in Banda Deseñada, Barbanzóns, Castrexos, Entre viñetas, Entroido, Paz, webquest |

Noticias breves

O Castro de Trelle estivo a piques de ser atacado por uns bárbaros do norte. Todos os castros da zona, o de Larelle e o de Toenius uníronse e os atacantes ao ver un grupo tan numeroso, decidiron retirarse. Xuntos defenden a súa patria!

Os castrexos de Toenius fan a súa propia roupa, entre todos montan un taller para que ninguén quede sen estrear o seu traxe novo na xuntanza castrexa do Entroido. “Cosemos en cadea e todos xuntos acabamos antes” Di Aroíña.

Como a Zoé se lle dá moi ben manexar o serrucho e o torno, ofrécese voluntaria para preparar as lanzas para a danza do Entroido. Salgadinha está a supervisar o traballo de preto e controla a seguridade da pequena toeniense.  Todos admiramos a súa pericia. Moi ben Zoé.

Proxecto Vivamos como barbanzóns. Actividade: Noticia Reporteiros Castrexos a favor da Paz

Etiquetas: , , ,

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Copyright © 2011-2019 O Souto dos Laretas All rights reserved.
This site is using the Desk Mess Mirrored theme, v2.5, from BuyNowShop.com.