1

Comedia de Entroido

Posted by salial on 1 febrero, 2016 in Banda Deseñada, Barbanzóns, Castrexos, Entroido, Festas Tradicionais, Teatro |

Labardeiros. Traxe típico do Entroido de Mugares

Seguro que todos sabedes que a celebración do Entroido en Mugares tiña moita sona no concello de Toén. Os mozos e as mozas do pobo eran os encargad@s de organizar a festa. No desfile, dende o Moreiro ata Mugares, participaban os Labardeiros e as Señoritas, o Mazaruco a Mazaruca e tamén había enmascarados.

Non faltaba a música nin as Comedias que se representaban no Eiró- lavadeiro que está no medio do pobo- tiñan ata un escenario preparado!, trataban de chismes e cotilleos do pobo representados con moita gracia.

Nós seguindo con esta tradición tamén imos representar, no noso desfile de Entroido do venres, unha comedia baseada no cómic dos Barbanzóns: Baroña ou morte, de Pepe Carreiro. 

Vivan os pobos celtas ceibes. Todo por Toenius!

teatro1teatro 2

Proxecto: Vivamos como barbanzóns.

Actividade: comedia de Entroido

Etiquetas: , , , , ,

1 Comment

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Copyright © 2011-2019 O Souto dos Laretas All rights reserved.
This site is using the Desk Mess Mirrored theme, v2.5, from BuyNowShop.com.