A muller castrexa
Proxecto Documental Interdisciplinar: Entre Viñetas
8 de marzo día Internacional da Muller
Seguimos metidos no papel de castrexas/os, representando ao noso cómic -> OS BARBANZÓNS .
E non deixamos a Pepe Carreiro, facemos agora acopio do seu libro cheo de humor sen deixar de ser histórico: “Historia das Mulleres galegas. Das marchas nómadas á Marcha Mundial das Mulleres” Edicións Baía.
A MULLER *GALEGA NA PREHISTORIA
*”Historicamente falando, aínda non existía nin Galicia nin Gallaecia”
“Recordamos á Mulier Sapiens, da época Paleolítca, vivía en tribos nómades, ía dun lado para outro, cargada coa súa prole, cazando e recollendo froitos para subsistir.
embedded by Embedded Video
Despois de miles de anos vagando polo monte, mulleres e homes decidiron facer vida sedentaria e facerse agricultoras/es e gandeiras/os. É probable que a muller do Neolítico, apandase co arranxo da casa, que lavara a louza de cerámica que xa tiñan, que atendese a horta e os animais e tamén puxase polas laxas que conforman os dolmens.”
As Mulleres castrexas
E chegamos a nosa Etapa Prehistórica favorita: A Idade dos metais, máis concretamente a Idade de Ferro:
“Din que as mulleres prerromanas, habitantes dos nosos castros, eran mulleres guerreiras, grandes batalladoras pero tamén traballaban abondo extraendo metais, sementando e arando a terra sen deixaren de atender a casa e a familia. Tamén, seica parían no campo mentres o traballaban, comparado con isto…, ir a guerra era unha bagatela.
Mais non todo era rudo, aquelas bravas mulleres facían a súa roupa, gustaban das alfaias e doutros adornos cos que engalanarse.”
Etiquetas: Castrexos, Día da Muller, entrevista, Prehistoria
Calendario
Etiquetas
Abaixo cos muros Actualidade Banda Deseñada Barbanzóns Castrexos Cidadanía Conciencia medioambiental Conmemoracións Consumo Convivencia creatividade cultura Deportes Dereitos humanos Dignidade humana Diversidade Día da Muller Día da Poesía Día da árbore Día Forestal Ecoloxía Entroido Enxeñeiras e científicas Igualdade investigamos Letras Galegas Palabra de árbore Paz Paz Poesía Prensa Prensa Problemas Ambientais Proxecto Documental Recursos Naturais Saúde Sensibilidade social Solidariedade Tempo de lecer Toén Traballos Unión Europea Valores universais WebQuest ÁrboreAdministración
Sitios de interés