A Semana da Prensa
Proxecto Documental Interdisciplinar: Entre Viñetas. Imos a mesturar dúas conmemoracións que casan ben xuntas
Do 7 ao 11 de marzo, Semana da Prensa & día Internacional da Muller

Mar Gil, periodista da Voz de Galicia, explicounos en maio de 2015 o seu traballo como xornalista
Como é o día de traballo dun/nha periodista?
Coñecemos a súa rutina, porque estes anos pasados recibimos a varios periodistas da Voz de Galicia para explicarnos como desenvolvían a súa xornada laboral.
Imos a documentar o proceso periodístico no blog
- Decidimos entre todos/as quen vai ser o redactor/a xefe, que vai supervisar o traballo periodístico e distribuír as seccións
- Comezaremos cunha reunión, para decidir que noticia vai escribir cada un/nha. O redactor/a xefe controla que haxa noticias das distinas seccións: noticias de actualidade, cultura, ocio, deportes, anuncios, tira cómica, entrevistas . .
- Cando xa decidamos que noticia imos escribir, informarémonos, faremos entrevistas, pediremos asesoramento ao redactor/a xefe para que a nosa noticia/entrevista, tira cómica… estea completa e non teña erros e tamén para que haxa variedade de traballos.
- Iremos publicando unha entrada cos nosos traballos.
Posibles artigos e/ou aportacións:
1.- ENTREVISTA – Repara nalgunha muller que sexa moi importante na túa vida. Faille unha entrevista formal para o periódico escolar, sácalle unha foto (pidelle permiso para publicar a súa imaxe) e publica a entrevista no blog.
2.- CULTURA E ACTUALIDADE – Fai unha entrada homenaxeando a algunha muller da historia, destacando a súa labor… Insire unha imaxe ou un vídeo no teu post.
3.- TIRA CÓMICA – Debuxa unha tira cómica.
4.- CARTA AO DIRECTOR/A. Escribe unha carta denunciando a situación que están a vivir as mulleres inmigrantes que fuxen das guerras ou doutras situacións traumáticas.
PARA CONSULTAR
100 mulleres galegas
Las 10 mujeres científicas más importantes de la historia
Periódico de aula: As entrevistas
Exemplos de Tiras Cómicas
ONU mulleres – Obxectivos de desenvolvemento sostible
Etiquetas: Día da Muller, Entre viñetas, Prensa, Proxecto Documental
Calendario
Etiquetas
Abaixo cos muros Actualidade Banda Deseñada Barbanzóns Castrexos Cidadanía Conciencia medioambiental Conmemoracións Consumo Convivencia creatividade cultura Deportes Dereitos humanos Dignidade humana Diversidade Día da Muller Día da Poesía Día da árbore Día Forestal Ecoloxía Entroido Enxeñeiras e científicas Igualdade investigamos Letras Galegas Palabra de árbore Paz Paz Poesía Prensa Prensa Problemas Ambientais Proxecto Documental Recursos Naturais Saúde Sensibilidade social Solidariedade Tempo de lecer Toén Traballos Unión Europea Valores universais WebQuest ÁrboreAdministración
Sitios de interés